Skip to Content

NAVEGACIÓN SEGURA EN EDIXGAL

Estimadas familias:

Informamos que ao longo deste ano 2023, o equipo de Soporte de Sistemas Abalar da AMTEGA traballou na análise e implementación dunha ferramenta que garante a navegación segura sobre a nova maqueta Abalar 11, instalada nos portátiles do alumnado EDixgal, considerando a integración da aplicación, probas funcionais de seguridade, establecemento do protocolo de actualización e mantemento da ferramenta.

A instalación deste aplicativo nos equipos EDixgal do alumnado é completamente transparente e automática, polo que estes portátiles recibirán unha actualización a través da WiFi Abalar nos próximos días.

O funcionamento desta aplicación é independente do tipo de conexión que se estableza para conectarse a Internet, polo que permite a navegación segura do alumnado tanto dentro da rede corporativa do centro, como nas redes domésticas ou a través de dispositivos móbiles.

Ademais, permite filtrar a actividade do portátil do/a alumno/a, evitando accesos non autorizados a espazos con información sensible ou que non son axeitados para o alumnado baseados nas seguintes categorías: adultos, xogos, apostas, malware, phising, bitcoin, redes sociais, drogas, etc. Ademais, estas categorías e listas de sitios bloqueados son amplamente revisados e mantéñense actualizados constantemente coas garantías da Universidade de Toulouse.



page | by Dr. Radut