Skip to Content

Histórico

TELÉFONO DE CONTACTO DO COMEDOR ESCOLAR

Se tes algún problema  e necesitas contactar co comedor escolar para comunicar un retraso chama ao  672404595 en horario de 3 a 4 para non interromper o servizo.

 

Pregunta pola coordinadora FERNANDA

 

REUNIÓNS INFORMATIVAS DE PRINCIPIO DE CURSO

EDUCACIÓN PRIMARIA.  22 DE SETEMBRO.

 

1º  e  2º------------------16:30.

3º  e  4º------------------17:15.

5º  e  6º------------------18:00.

 

 

 

 

Guía para o curso 2013-2014

TRIPTICO informativo  

Outra vez setembro e outro curso. Comezo e continuación.

Esperamos que tiverades unhas boas vacacións.

Chega novo profesorado ao centro, para cubrir prazas de xeito provisional, por este curso, do profesorado que habendo obtido destino neste centro non se incorpora por diversos motivos, e mesmo para cubrir a vacante producida pola xubilación de Rosa Mª Carrera. Desexámoslle o mellor para esta nova etapa da súa vida. Ou de xeito definitivo para cubrir as prazas das 4 profesoras que obtiveron novo destino Entre estas unha profesora de inglés.

Este curso están matriculados 351 alumnos e alumnas.

En función das necesidades detectadas organizaranse medidas como desdobres de grupos, apoios dentro da aula dunha profesora á titora dese grupo, reforzos con alumnado dentro ou fora da súa aula, etc.

O profesorado entregará aos alumnos no primeiro día de clase unha relación do material escolar que necesitará.

Mantemos a “hora de ler” diaria entre 12:05 h e 12:20 h.

Anímovos a visitar a web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipchanopinheiro/ Así estaredes informados puntualmente e poderedes sentirvos máis partícipes do que os vosos fillos fan na escola.

Estamos, coma sempre, á vosa disposición.

Rogelio Pereira Zunzunegui

Director

 

Bo Nadal

         
BO NADAL!

Felices Festas!

Distribuir contido


by Dr. Radut