try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

«O principiño» de Carlos Casares fala máis de noventa linguas

O Principiño (en francés Le Petit Prince), publicado en 1943, é a novela máis famosa do aviador francés Antoine de Saint-Exupéry.

Unha mostra da colección do escritor festexa os 25 anos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Cando aínda faltan catro meses para que comece o ano das Letras Galegas dedicado a Carlos Casares, a Universidade de Vigo dá a coñecer a colección formada pola recompilación de edicións en máis de 90 linguas e dialectos, labor que continúan realizando os membros da Fundación Carlos Casares.

O principiño está entre os libros máis traducidos da historia a máis de 260 linguas.