try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

11 Decembro, Día Internacional das MONTAÑAS

Ao longo do 2002, Nacións Unidas conmemorou o Ano Internacional das Montañas. A convocatoria foi todo un éxito e logrou, mesmo a promoción e creación da Alianza Internacional para o Desenvolvemento Sostible nas Rexións de Montaña.

A Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) coordinou esta celebración e recibiu o encargo de dirixir tamén a conmemoración anual -cada 11 de decembro- do Día Mundial das Montañas.

Esta xornada está destinada a fomentar a toma de conciencia sobre a importancia e a riqueza destes ecosistemas, o seu papel na conservación da biodiversidade e os riscos aos que se enfrontan.

As Culturas da Montaña: celebrar a diversidade  e  fortalecer a identidade.

As montañas albergan o 13% da poboación mundial.

Os pobos indíxenas e as comunidades locais que viven nas montañas teñen prácticas, tradicións e coñecementos únicos.