try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

De viaxe por Galicia

Aquis Querquennis, foi un campamento romano situado no concello ourensán de Bande, a carón do río Limia no encoro do Crebado das Cunchas.

    

O campamento foi construído sobre os anos 69-79 d.c. e abandonado sobre o 120 d.c.

O campamento ten forma rectangular e está rodeado dun groso muro. En cada lado do recinto poderemos ver os restos das portas de entrada. Unha vez dentro poderemos ver unha extensa rede de muros e canles, zonas destinadas a soldados, cabaleiría, hórreos,... Na actualidade o campamento aínda se está excavando e cerca podemos visitar o centro de interpretación.

        Vista aérea do campamento romano Aquis Querquennis