try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Día Internacional do Chan

O chan é un recurso natural finito. A escala de tempo humana, non é renovable. Con todo, a pesar do papel esencial que desempeña o chan na subsistencia humana, existe un incremento mundial da degradación dos recursos do chan debido a prácticas de xestión inapropiadas, á presión da poboación que impulsa unha intensificación insostenible e a unha gobernabilidad inadecuada sobre este recurso esencial.

O 95% dos alimentos producense no chan.

Hai máis organismos vivos nunha culler de chan que habitantes ten a Terra.

A meirande parte dos antibióticos coñecidos teñen a súa orixe no chan.

Os chans con alto contido de materia orgánica almacenan grandes cantidades de auga.