try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Voz Natura

CREANDO CONCIENCIA "Día da Candeloria"

Así di un dos ditos sobre a data de hoxe, 2 de febreiro de 2023.

Para axudar a CREAR SORRISOS MEDIOAMBIENTAIS, imos levar a cabo unha actividade moi bonita no cole.

Primeiro, queremos crear conciencia analizando esta imaxe.

Fotografía:Clive Anthony no Mitchells Plain Hospital, Cidade do Cabo, Sudáfrica.

Temos que coidar moito o noso planeta para evitar situacións coma a que aparece na fotografía, que podemos facer?

Queremos poñer o noso gran de area e imos colocar no patio da nosa escola, casiñas decoradas polo noso alumnado para facilitar un pouco o "confort" aos paxariños da nosa contorna.

Fotografía: pexels.com 

Desta maneira colaboramos a conseguir os ODS 13: Acción polo clima e os ODS 15: Vida de ecosistemas terrestres.

Mostraremos os resutados tan pronto estén rematadas.

 

6º DE PRIMARIA NA REBORRADIO

Os nosos locutores e locutoras de 6º de primaria radiáronnos un programa interesantísimo onde, entre outros temas, falaron sobre o día da Paz, data que temos presente todos os días do ano.

Seguimos traballando os ODS, neste caso o ODS 16: sobre a Paz, xustiza e institucións sólidas.

Pinchade na imaxe para escoitar a nova emisión de Reborradio.

 

25 XANEIRO: DÍA DA EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL

 

Para festexar este día tan importante para o noso planeta, puxemos en marcha unhas charlas realizadas polo alumnado de 6º curso, onde ensinan ao resto do alumnado dos demais cursos, os novos colectores que se colocarán no patio para depositar os restos orgánicos.

Ademais, poñeremos en marcha unha brigada do medio ambiente para manter o noso centro limpo e concienciar aos nenos o uso correcto dos colectores.

O alumnado de 3º de primaria colaborou deseñando e colocando uns carteis de concienciación en diferentes puntos da zona exterior do noso cole.

ECO-RETO XANEIRO: DIVULGAMOS

E xa en xaneiro, ECO-RETO: DIVULGAMOS!!!!!

 

Nesta ocasión, os encargados da divulgación foi o alumnado de 6º curso, os cales prepararon varias presentacións adaptadas aos distintos niveis educativos do noso cole. Unha vez feitas, foron a todos os cursos de infantil e primaria para concienciar ao alumnado da importancia da reciclaxe. 

Presentaron os novos colectores que imos poñer no patio para os restos orgánicos e así darlle máis uso ao noso composteiro.

Deste xeito traballamos o obxectivo ODS 12, o ODS da reciclaxe e consumo responsable.

 

REUTILIZAMOS E PINTAMOS

REUTILIZAMOS!!!!!! Como estamos moi concienciados co coidado do noso planeta, aproveitamos os cartóns do mobiliario novo que chegou ao cole para darlle un novo uso: UN LENZO ONDE PODER PINTAR AS NOSAS OBRAS DE ARTEGuiño

NOVO ECO-RETO DECEMBRO: REUTILIZAMOS

E como non, outro ecoreto para decembro: REUTILIZAMOS!!!

Nesta ocasión os pequechos e pequechas do cole utilizaron material de refugallo para crear pequenos ROBOTS e así ter un xoguete súper chulo para xogar.

PEQUENOS GRANDES CREADORES!!!

ECO-RETO DECEMBRO: REUTILIZAMOS

Xa chegou decembro e con el o novo ECO-RETO que nos propón VOZ NATURA: REUTILIZAMOS!!!

Nesta ocasión, os pequechos de 6º de infantil reutilizaron as castañas que non se comeron no magosto para facer estas marabillosas obras de arte.

ÚLTIMAS RABEXADAS DO OUTONO

Xa chegando aos últimos días desta estación, OUTONO, con cores tan bonitas e froitos tan saudables.

Aquí están os máis pequeneiros do cole que traballaron precisamente iso, cores e froitos. Partindo da idea do pintor Giuseppe Arcimboldo, coñecido sobre todo, por representar o rostro humano a partires de flores, plantas, animais...

Así de xeitosiños e xeitosiñas quedaron.

 

MESA SENSORIAL DO OUTONO

Nesta ocasión algúns dos nenos e nenas do cole puideron experimentar e xogar con elementos do outono nesta mesa sensorial.

QUE CORES TEN BONITAS TEN O OUTONO!!!!

 

ECO-RETO INVESTIGAMOS

Este mes o eco-reto de Voz Natura é "INVESTIGAMOS", nesta ocasión, o alumnado de primeiro realizou este reto despois de atopar no patio unha libélula, este feito levounos a estudar este animaliño que forma parte da nosa contorna, xa que estamos moi cerquiña do Monte Aloia.

Ademais, logo animamos ao resto dos compañeiros de outras aulas a facer unha investigación  sobre a píntega, xa que descubrimos que este anfibio ten a súa a casiña nunha parte do noso patio escolar.

Aprendimos moitas cousas e sobre a non contaminar as augas, estes bechiños son bioindicadores fantásticos que nos indican que as augas do seu arredor son augas moi limpas.

 

Distribuir contido