try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Blog voz natura

E CONTINÚA A COLLEITA

E tal como di o título CONTINÚA A COLLEITA, nesta ocasión os ananos de 6º de infantil recolleron as leitugas da súa horta, tenras, tenras e fresquísimas!!!

SAÍDA VERDE

O alumnado de 4º e 3º de primaria fixeron unha saída moi enriquecedora á FUNDACIÓN SALES de Vigo, o único xardín botánico da cidade, trátase dun Arboretum, é dicir, lugar onde hai diverdas especies de plantas e árbores de todos os recunchos do mundo.

Observamos nenúfares, bosques de bambús, especies nunca antes observadas e ata plantamos cadaquén a súa leituga que logo levamos aos nosos fogares, pero sobre todo, aprendemos cousas novas sobre o inmenso verde do noso planeta Terra.

Preme no "Play" para ver o video.

 

 

RECOLLEITA!!!!!

A nosa horta escolar está a pleno rendemento!!!! Xa temos as nosas primeiras recolleitas.

FAI CLIC AO TEU BOCATA

Dentro do PLAN PROXECTA e do programa ALIMÉNTATE BEN, tivemos unha actividade chamada "FAI CLIC AO TEU BOCATA", onde ademais de aprender cousiñas sobre alimetación saudable mediante divertidos xogos, tivemos a oportunidade de probar BOCATAS DE SABORES NOVOS!!!! bocata de sardiñas con tomate, de mexillóns con pemento e leituga...Experimentamos con novos sabores, todos eles deliciosos!!!!!

 

E para finalizar, tiveron todos un agasallo moi útil.

Grazas por todo!!!!!!

RAP DA ENSALADA

 

E seguindo co proxecto de Aliméntate Ben, aquí temos un RAP, cantado polos alumnos e alumnas de 4º de primaria e así animar a tomar unha RICA E SAUDABLE ENSALADA!!!

Fai clic no enlace para escoitar a canción.

A IMPORTANCIA DAS ABELLAS

O alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria tiveron unha saída a Apípolis, onde aprenderon a importancia das abellas no coidado do noso planeta.

 

Xa logo, no noso cole, o alumnado de 2º de primaria investigaron máis en profundidade e  quixo compartir os seus coñecementos co resto do cole con este mural informativo tan bonito e interesante.


 

E os pequechos e pequechas de 1º primeiro tamén aportaron o seu gran de area con esta colmea tan chula!!!

 

Seguimos cos ODS:

 

FLOCOS DE MILLO, ALIMÉNTATE BEN

Presentamos á cociñeira de saborosos flocos de millo, a mestra Lara!!! Ela, a través do programa "Aliméntate ben" ensinou cómo podemos preparar uns flocos de millo saudables, houbo quen ao ver o millo dixo:

Iso non son "palomitas"!!!!Pois sí, sí que son.

A importancia de coñecer de onde proveñen os produtos que consumimos, un dos obxectivos de "ALIMÉNTATE BEN"

Continuamos colaborando para conseguir os ODS:

ECO-RETO: CONCIENCIAMOS

Este mes de abril toca o ECO-RETO: CONCIENCIAMOS, no noso cole levamos varias xornadas traballando esta idea grazas aos compañeiros de REVITALIZA, que viñeron a lembrarnos a importancia de reciclar, de botar cada cousa no seu lugar e así poder conseguir un planeta máis limpo e saudable.

Tamén recordamos cómo usar o noso composteiro, que residuo orgánico se pode botar nel e cales son os bechiños que axudan a que se forme o compos que logo usaremos na nosa horta.

Foron unhas xornadas nas que participaron todas as aulas, con aprendizaxe e diversión, mezcla que fai que todo quede gravado nas nosas mentes para sempre.

 

 

SEGUIMOS PLANTANDO

E no mes de marzo, continuamos coa plantación na nosa horta, nesta ocasión é o alumado de 4º de primaria os que se animaron plantando amorodos, acelgas e leitugas. Que bo é logo recolectar a nosa propia colleita!!!!

ECO-RETO: PLANTAMOS!!!!

ECO-RETO: PLANTAMOS!!!

Continuamos co mes de marzo e co ECO-RETO que nos propón VOZ NATURA, PLANTAMOS!!!!

Nesta ocasión os pequechos de 6º de infantil, prepararon o seu espazo na horta e plantaron amorodos, chícharos, leitugas e cebolas, uns verdadeiros agricultores e agricultoras. Así serán conscientes de todo o proceso de crecemento e coidado das diferentes hortalizas, e sobre todo, dos beneficios do autoconsumo.

 

Seguimos traballando para concienciar sobre os ODS:

Distribuir contido