Skip to Content

 

   

Escolares

AULA DE MÚSICA

Dende a aula de música poñemos en marcha o noso blogue  para este curso 2017/18 no Ceip de Esteiro. Facémolo cargado de ilusión e novidades; bailes, videoclips, imaxes e moito contido que está por vir.

Neste blogue pretendemos dar soporte ao traballo da Aula de Música e iremos subindo información do voso interes, contidos da materia, novidades sobre proxectos da clase, etc.....

 A idea é que sexa unha ferramenta activa e útil, unha creación  que perdure no tempo e que nos axude a recordar as experiencias "artísticas" vivenciadas neste curso.

 

Animámosvos a que vos subscribades, compartades, fagades like e todas esas cousiñas   Ata pronto!   

 

*Premendo na seguinte imaxe podedes ver o contido https://aulademusicaesteiro.blogspot.com

 

 

Celebración do Magosto e Samaín

30/10/2013 12:00
30/10/2013 14:00
Europe/Madrid

O vindeiro mércores celebraremos o Magosto e  o Samaín, a orde de actuacións é a seguinte:

  1. O Grupo Tripitrape representará 'Indo para o Samaín'

  1. Educación Infantil 3 anos realizará un xogo: 'As abelliñas de Miguel!'
  2. Educación Infantil 4 anos cantará 'Que chova'
  3. Educación Infantil 5 anos cantará unha canción moi outoniza 'Chipi-Chipi!'
  4. Educación Primaria 1º fará un xogo 'A rolda dos meses'
  5. Educación Primaria 2º e 6º cantarán 'As pantasmas'
  6. Educación Primaria 3º interpretarán o 'Baile do esquelete'
  7. Educación Primaria 3º acabará co baile 'O Samaín'

 

DE NOVO, XUNTOS

Cantos desexos acumulados no tempo vacacional teñen cumprimento ao volver atoparse cos amigos! Os nenos e nenas chegaron morenos e coa ledicía no rostro. Iniciamos un novo curso onde atopar máis experiencias diferentes, onde construír o futuro. 

No primeiro encontro recordamos aos que marcharon e aplaudimos a rabiar ás caras novas. Tamén descubrimos que dentro de cada un hai unha semente que nos diferencia dos outros e que nos dá valor.

Viva o curso 2013-2014!

                                             

NO CASTRO DE ELVIÑA E NO CASTELO DE SAN ANTÓN

A pesar de ir xuntos, 5º e 6º de Educación Primaria tiveron que dividirse para facer a visita ao Castro de Elviña e ao Castelo de San Antón. Ana e Fany, as guías, quedaron encantadas de ter traballado con grupos tan atentos e educados. No castelo rematouse o empezado en Elviña; por iso, os rapaces e rapazas obtiveron unha boa información da Idade de Ferro e dos inicios da romanización en Galicia.

  

Día da música

31/05/2013 12:00
31/05/2013 14:00
Etc/GMT

O día 31 de maio imos celebrar o día da música como facemos tódolos anos.

PARA RECOÑECER O ACOSO ESCOLAR

Mónica, Inspectora de Policía, acompañounos esta mañá para facer que os rapaces/as de 5º e 6º de Educación Primaria reflexionasen sobre o problema do acoso escolar. Vídeos e unha multitude de preguntas levaron claridade a un asunto tan difícil. Todos coñecen agora as armas de que dispoñemos para loitar contra esa inxustiza.

                                           

As árbores que falan (Proxecto Ferrol - 1º Ciclo)

Os nenos e nenas do primeiro ciclo de Educación Primaria, para levar a cabo o Proxecto 'Coñece Ferrol" están estudando as árbores do Campus Universitario de Ferrol durante as distintas estacións do ano. Neste primeiro trimestre o alumnado fixo unhas saídas para recoller información das diferentes árbores no outono. Tamén realizaron diferentes actividades plasmando en fotografías estes coñécementos adquiridos.

O xoves día 28 de Febreiro de 2013, realizamos, xunto cos nenos e nenas de Educación Infantil, unha posta en común do que levamos realizado ata agora do proxecto. Os pequerrechos contáronnos as diferentes receitas típicas de Ferrol mentras que nós intentamos achegalos ao mundo da natureza a través dun pequeno conto escenificado, acompañado dunhas bonitas imaxes das árbores traballadas que fotografiaron eles durante os días de investigación.

Adxuntámosvos a continuación o guión da obra que representaron os rapaces, xunto coa presentación en PowerPoint das imaxes:

 

O COLEXIO, DE ENTROIDO

A troula chegou un ano máis ao colexio. Chineses, indios, románs ou exipcios; diferentes culturas desfilaron polos corredores e polo escenario do Salón de Actos. A tradición e a crítica da actualidade déronse a man por un día. Aquí tedes algunhas imaxes do día.

                                 

  

  

                                                           

  

                              

Distribuir contido


by Dr. Radut