Skip to Content

 

   

Escolares

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!

Despois dalgunhas horas sen durmir, abriuse o colexio e os nenos e nenas inundaronno co seu sorriso. No acto de inauguración lembramos aos amigos que marcharon; tamén a Gloria, a Beni e a Iago, mestres que agora se deixan a pel noutros colexios. Aínda que pareza mentira comparamos o curso que temos por diante cunha pastilla de xabón (os que estiveron saben moi ben porqué). Rematamos co desexo de que cada un busque dentro de si a obra de arte que leva escondida; cada un a súa. 

Todos estamos de noraboa. Viva o curso 2012-2013!

                         

Por certo, saímos no Diario de Ferrol. Clica no adxunto que está máis abaixo para ler a noticia.


ACTO DE CLAUSURA. CURSO 2011-12

Despedimos a outra promoción. Unha colleita espléndida, un ano particularmente excepcional. Marchan Flor e Mihai, Inés, Miguel e Janire..., tantos rapaces/as que, antes de que o colexio os poidera facer mellores, eles foron quen de facer mellor ao colexio. Para todos e cada un deles, unha aperta moi forte e que nunca esquezan onde poden atopar ás súas raíces persoais e culturais: despois da familia, no colexio de Esteiro.

                 

                                                       

DÍA DO DEPORTE: VERDADEIRO DÍA DE CONVIVENCIA

Outro día fantástico presidido polo sol a pesar dun chisco de auga ás 9 da mañá. Xogos variados. Nenos e nenas cambiando cada media hora de actividade. Refrescos. Cento cincuenta racións de churrasco. Inchables onde saltaban unha e outra vez os rapaces. Demostración multitudinaria de karate. A ANPA superándose... Todo iso e máis nun día perfecto.

                 

                 

                 

                 

                 

                 

O DÍA DO DEPORTE NO DIARIO DE FERROL

O Diario de Ferrol dedicounos a contraportada da súa edición do día 15 de xuño a conto do Día do Deporte. Aquí tedes a portada e...grazas ao Diario.

                                                

VÁMONOS Á ESTRADA!!!

O sabado, día 2 de xuño, o colexio participará no VI Encontro do Xogo Popular organizado por Brinquedia. Esta asociación é parte fundamental na recuperación dos xogos populares en Galicia. A ela pertencemos desde a súa fundación, por iso, nos membretes oficiais do colexio aparece o seu logo. Pasaremos un día estupendo, saíndo ás 9:00 da mañá do colexio e chegando ás 19:30 horas aproximadamente. Anúnciase un tempo excelente! Non vos esquezades de levar comida para pasar o día! Todos/as á Estrada!

                                                     

PUXÉRONSE NO SEU LUGAR

Foi unha mañá diferente. Os rapaces de 6º de EP recibimos a visita de varios membros de ASPANEPS para que tivéramos a oportunidade de coñecer dun xeito práctico o mundo vivido por persoas que van en sillas de rodas, que son cegos... Incluso probamos un "kit" de prótesis pensadas para saber o que supón para o corpo ser vello. Acompañounos a Concelleira de Benestar do concello de Ferrol, Rosa Martínez Beceiro.

Un día importante!

                                  

                     

                                           

COS VERMES DE SEDA

Completando as actividades realizadas o curso pasado, os nenos e nenas de Educación Primaria e 4 e 5 anos de Educación Infantil, fixeron un último recorrido polas marabillas dos vermes de seda.

NA PRANTACIÓN

A 2º de Educación Primaria góstalle que o mundo sexa máis verde. Se o curso pasado fixo unha prantación preciosa de flores, este ano participou na prantación de árbores na beira exterior do colexio. O acto tivo unha representación do Concello de Ferrol e algún fotógrafo deixou recordo na Voz de Galicia.

UNHA VIAXE POLO UNIVERSO

Fixemos unha visita perfecta polo universo da man da Sociedade Galega de Historia Natural a quen lle damos as grazas.

Distribuir contido


by Dr. Radut