Skip to Content

 

   

Complementarias

WATERPOLO - CLUB MARINA FERROL

Hoxe o alumnado asistiu a unha sesión informativa sobre a práctica do waterpolo grazas ao Clube Marina Ferrol, dentro do propósito de hábitos de vida saudable.

Grazas ao ex-alumnado que tamén participou na experiencia.

 

COLEF - DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

Este ano dende o Concello propuxéronnos participar nunha actividade relacionada con dar visibilidade á actividade física, e como ben e sabido nos centros educativos é a área de EF. Esta disciplina xoga un papel fundamental no desenvolvemento integral do alumnado para fornecerse como persoas saudables de cara o seu futuro. 

Foi unha xornada lúdica e diferente, que esperamos que se repita noutras ocasións nun mesmo espazo onde poidamos xuntarnos diversos colexios ao mesmo tempo e compartir experiencias.

 Noticia en prensa

PONTE NO MEU LUGAR

O alumnado de 6º de Educación Primaria tivo un ano máis a posibilidade de analizar e partipicar no Programa Ponte no Meu Lugar, unha recoñecida actividade promovida e desenvolvida por esta asociación que ten como principal obxectivo o de achegar a discapacidade en primeira persoa a través de dinámicas e accións participativas que procuran a reflexión entre o alumnado.

 

 

RCP - SESIÓN DE FORMACIÓN E APRENDIZAXE

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou na xornada de hoxe co mestre de educación física na formación en técnicas RCP.

 

Tamén participamos o profesorado...

TEATRO CON G

O vindeiro 18 de maio o alumnado que asiste á actividade extraescolar de Teatro coa dirección de Alejandro Martín representará no Teatro Jofre a obra "Paquita de Troia" a partir das 11:00.

SINOPSE

A historia de Helena Paquita de Troia non é igual a que coñecemos todos, non. Paquita non quería casar e, sobre todo, non estaba interesada en Menelao "O que se peina de lao", nin en París, ela soamente quería ser libre. Pero non vos preocupedes porque as Musas Gregas, cantando e rapeando veñen a contarche toda a verdade.

 

 

VISITA DE SARA GUERRERO

Hoxe o centro recibiu a visita da triatleta Sara Guerrero e compartiu con todo o alumnado detalles profesionais e persoais sobre a súa vida como deportista.

III FESTIVAL ILUSTRADO DE FERROL

Comeza este vindeiro 14 de abril o III FESTIVAL ILUSTRADO DE FERROL coa participación dos escolares  na Praza de Armas nun reto bailado.

Programa do evento

 

DÍA DA INTERCULTURALIDADE 2023

O vindeiro 31 de marzo celebraremos o día da interculturalidade, este ano adicado a BRASIL.

RUEIRO EN FEMININO PARA AS AULAS

Hoxe celebramos o 8M, o día da muller, e para resaltar a importancia das mulleres da nosa contorna de Ferrolterra escollemos por aula o nome dunha. 

Aquí tedes parte do traballo que estamos a realizar ao longo desta semana. 

 

  

 

RUEIRO EN FEMININO

O colexio propuxo para este 8M renomear as aulas cos nomes de ilustres mulleres da nosa contorna de Ferrolterra, aquí tedes algunha delas.

Adxunto están os documentos necesarios para a elaboración. 

Distribuir contido


by Dr. Radut