Skip to Content

 

   

Complementarias

RADIO ESCOLAR

Xa temos a nosa radio escolar en marcha...

O profesorado foi o primeiro en formarse nesta ferramenta que formará parte do noso traballo co alumnado a partir de agora. Nos vindeiros días empezaremos a formar a un grupo de alumnos e alumnas e aproveitaremos para ir entrevistando e facendo algún podcast que compartiremos coa comunidade educativa.

PLAN DIRECTOR

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participará en dúas sesións:

  • 23 de febreiro 2023 (9:30)
  • 23 de marzo 2023 (9:30)

dentro do marco do Plan Director ás charlas enfocadas ao Acoso Escolar e á Ciberseguridade.

Para máis información prema no vínculo 

ENTROIDO 2023

Un ano máis temos o entroido ás portas e  este ano temos varias datas que debedes marcar no calendario:

  • 16 de febreiro a partir das 16:30  o ANPA organiza a festa no pavillón polideportivo.
  • 17 de febreiro a partir das 12:30 o alumnado fará o percorrido polo perímetro do colexio para que as familias poidades ver os disfraces coa temática dos xogos populares na arte.

 Na avenida de Vigo é preciso que as familias deixedes libre o espazo pegado ao cerrado verde do colexio para que o alumnado poida pasar sen dificultades.

 

11 DE FEBREIRO - DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O 11 de febreiro é o Día da Muller e a Nena na ciencia e dende o colexio queremos facer visible o papel tan importante que xogaron e xogan a día de hoxe no avance e progreso da nosa sociedade.

O noso alumnado fará un estudo por titorías das distintas figuras femininas que aportaron o seu esforzo e saber ao campo da ciencia e ademais o alumnado de 4º, 5º e 6º participarán nuns obradoiros organizados pola Universidade de Santiago de Compostela titulados "Unha enxeñeira ou científica en cada cole" (https://unhaencadacole.gal/).

Queremos agradecer que dúas científicas da Universidade de A Coruña veñen a dar un relatorio para os nosos grupos de 5º e 6º de Educación Primaria.

 

RECURSOS:

  1. Xogo de cartas da muller na ciencia, reglas

DÍA DA PAZ 2023

Este ano celebramos o Día da Paz lembrando que no mundo temos unha guerra que non chegou todavía ao seu fin.

O alumnado participou creando a bandeira de Ucraína con mensaxes de paz.

FESTIVAL DE NADAL 2022

Estimadas familias; este ano retomamos o noso festival de nadal coa participación de tódolos grupos en dúas quendas:

  • 21 de decembro para o alumnado
  • 22 de decembro para as familias a partir das 12:00

 

Para poder organizar a asistencia das familias, facilitamos uns horarios aproximados para que teñades tempo para vir e ver ao voso/a fillo/a.

ORGANIZACIÓN

 

1. ☐ 12:00 4º Educación Infantil (3 anos) ”Din don dan”.

2. ☐ 12:15 5º Educación Infantil (4 anos) “Volver a casa por Nadal”.

3. ☐ 12:20 6º Educación Infantil (5 anos) “Apalpador”.

4. ☐ 12:30 1º e 2º Educación Primaria  ”Con un sombreiro de palla”.

5. ☐ 12:35 3º e 4º Educación Primaria  ”Joy to the world”.

 

6. ☐ 12:45 5º e 6º Educación Primaria  “Capitán mi capitán”, “Panxoliñas”.

 

 

CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

Estimada comunidade educativa, queremos agradecer en nome da Fundación UNOENTRECIENMIL a vosa colaboración na VOLTA AO COLEXIO contra a leucemia infantil. 

Grazas a aportación solidaria da nosa comunidade poderán seguir investigando no estudo desta enfermidade.

Para máis información tedes a páxina web.

 

 

G-NIGHT 2022

Queremos agradecer a invitación que nos fixeron dende o CITENI (Centro de Investigación e Tecnoloxías Navais e Indutriais) para asisitir un ano máis a unha xornada inesquecible.

A continuación tedes uns vínculos cos obradoiros da xornada.

https://twitter.com/CITENI_UDC/status/1578046414332067841

https://fb.watch/g0ctSA8ecu/

https://www.instagram.com/p/CjbKEjhDcA6/

SOLUCIONAR PROBLEMAS CO APLICATIVO COLECHEF

Para poder solucionar o problema relacionado co rexistro no aplicativo ColeChef a empresa solicita que enviedes un correo electrónico ao enderezo galicia@serunion.elior.com coa vosa consulta ou chamar aos teléfonos 630363844 ou 986453040.

ACTIVIDADE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA - CIENCIA ENTRE AS RAPAZAS

Actividade que dende AMIT Galicia están a desenvolver en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ( AMTEGA) para promover as vocacións científicas entre as rapazas.

O día 7 de xuño de 16:00 a 20:00 en Santiago de Compostela.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut