Skip to Content

 

   

Complementarias

EXPOSICIÓN SOBRE A ALIMENTACIÓN

O colexio súmase aos esforzos de tantas institucións que traballan para que a saúde dos nenos e nenas sexa cada día mellor. Por iso estamos a inaugurar unha exposición cedida pola Asociación LAPIS VERDES sobre a alimentación. A loita contra os malos hábitos alimentacios non é nunca, neste tempo, suficiente.

As familias están expresamente invitadas a ver esta exposición e, como non, os nenos/as a recorrela da man dos seus mestres/as titores/as.

                                  

CELEBRANDO O NADAL NO COLEXIO

Outro curso máis, o colexio celebrou o seu festival de Nadal, o acto colectivo que esperta maiores sentimentos de fraternidade. No Salón de Actos non cabía unha agulla; houbo un mellor aproveitamento do espacio e poideron entrar máis familias para presenciar momentos inolvidables que dan entrada a un tempo de lecer. Que este tempo sexa de proveito. Que Papá Noel e os Reis Magos veñan cargados de ledicia e de moitos libros.

Feliz Nadal!

Powerpoint sobre o Día do Peón

Premede no adxunto para ver unha presentación en PowerPoint sobre o mundo da buxaina, con cousas interesantes coma a súa historia, xogos, descrición das súas partes, etc.

Esta presentación é un traballo feito polo mestre de Educación Física José L. Río Silva, que estivo no CEIP Manuel Masdías. 

O DÍA DO PEÓN

"Polo San Martiño..."

Todos os nenos e nenas do colexio coñecen o remate do refrán. Desde os seus iniciós, o CEIP Esteiro pertence á rede que promove o xogo tracidional: Brinquedia. E a nosa participación actívase na chegada do outono, cando os peóns volven a bailar no patio de recreo.

Para motivar a aprendizaxe o colexio entrega uns diplomas ("Masters" e "Supermasters") a aqueles rapaces/as que desenvolven unhas habilidades especiais. Este é un dos diplomas.

                                    

Para quitar o "Master" temos que facer todo isto:

                                                

Os diplomas entréganse no gran día: o Festival do día do Peón. Este curso celebrouse o 18 de novembro para poder separalo doutra celebración do cole: o Samaín. Isto foi o que fixemos o Día do Peón:

                                            

 

Mira algunha das fotos do Día.

Por certo, o colexio participou na reunión promovida por Brinquedia e o Concello de Fene para celebrar o Día do Peón. Esta é unha das fotos da reunión en Fene.

                             

Finalmente, hai que destacar o conto feito por todos os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria. Podedes lelo no documento adxunto.

PREMIOS AOS MELLORES INVESTIGADORES DA CATEDRAL

Dado que na catedral de Santiago houbo que investigar a fondo os tesouros ocultos, nada mellor que destacar a aqueles rapaces e rapazas que o fixeron de maneira destacada. Na aula de 6º de Educación Primaria formáronse cunha tarefa concienzuda aos guías da visita; estes acompañaron aos rapces/as de 5º. Asparellas traballaron de xeito independente para contestar a todo un cuestionario que lles fixo aguzar os sentidos.

Nos vos esquezades de pasar polo blog da Biblioteca.

Bravo por eles.

EN SANTIAGO. DESCUBRINDO A CATEDRAL

A infinidade de turistas que poboaban a catedral de Santiago levaron unha boa sorpresa cando se deron conta de que unha morea de nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria do colexio de Esteiro observaban con gran atención e tomaban notas de diferentes lugares do templo. Unha preparación previa fixo que moitos rapaces se convertiran en guías doutros para descubrir os tesouros "ocultos" da catedral.

Por outra banda, houbo entre medo, sorpresa e gran impresión na subida á cuberta. As vistas son magníficas.

Tampouco esquecerán á visita ao Parlamento de Galicia. Deste xeito acercáronse aos valores democráticos sentándose nos escanos parlamentarios e usando a palabra para facer peticións.

Non vos esquezades de revisar o blog da Biblioteca onde haberá información complementaria.

Un éxito.

VISITA A SANTIAGO

OS NEN@S DE QUINTO E SEXTO VISITAREMOS COMPOSTELA O VINDEIRO MARTES 18 DE OUTUBRO, COA FINALIDADE DE COÑECER MÁIS A FONDO A SÚA CATEDRAL E O PARLAMENTO DE GALICIA. SE QUEREDES MAÍS INFORMACIÓN PODEDES VISITAR A WEB www.catedraldesantiago.es


ENTROIDO 2011

2º CICLO


Distribuir contido


by Dr. Radut