Skip to Content

 

   

Complementarias

ENTROIDO 2011

1º CICLO


ENTROIDO 2011

INFANTIL

ENTROIDO 2011

ESTE ANO DECIDIMOS DISFRAZARNOS DE TRIBUS URBÁNS. SE QUEREDES VER MÁIS FOTOS DEBEDES VISITAR O APARTADO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS.

O ENTROIDO DO COLEXIO

Quen non dispón de roupa vella no armario?

Volvendo ás raíces do Entroido, o colexiotirou de chaquetas e pantalóns dos avós e das avoas, de máscaras e de zapatos vello, de moita imaxinación.

DÍA DA PAZ 2010

O día máis importante do ano para o colexio Esteiro chegou. Tivemos que adiantalo un día ao oficial, pero iso non foi importante; o que de verdade resultou valioso foi a xuntanza de todo o alumnado coa alegría dos desexos de paz e a fonda tristeza na lembranza de tantas persoas que están a sentir a violencia en Haití, pola forza da natureza, pero, sobre todo, pola pobreza en que viven. Que xa lles quede menos camiño para vivir unha vida digna.

Tal e como aconteceu o curso pasado, este ano tamén disfrutamos da presenza de maiores da Residencia Abrente. A todos eles querémoslles dar as grazas por ter disfrutado connosco deste día.

Este foi o noso programa:

 

ACTO COLECTIVO DO DÍA DA PAZ

1.       Canción: Amiguiños, si; ás pelexas, non.

2.       Vídeo: Mahatma Gandhi.

3.       Canción: Imagine.

4.       Construcción do Muro da Paz

5.       Representación de contos:

          a.       O peso da nada.

          b.       Os tres fillos do rei.

          c.       A sopa de pedra.

6.       Representación de títeres: O monstro de dúas cabezas.

7.       Canción: A Muralla. 8.       Xogo: O abrazo común (no patio).

9.       Posta de liberdade das pombas da paz.

 

O FESTIVAL DE NADAL DA ANPA!!!

Un mago, tartas feitas polas propias familias, animación musical... Todo iso e moito máis houbo na festa que tradicionalmente leva a cabo a ANPA. Un exitazo que promete ter continuación.

NENOS E NENAS DO COLEXIO ACTUARON NA RESIDENCIA ABRENTE

No blog da biblioteca (que xa sabedes onde atopalo!), podedes ver unha presentación fotográfica da actuación dos nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria na Residencia Abrente de Ferrol. Saímos do colexio para integrar o noso traballo na sociedade. E, onde mellor, que nun lugar como na Residencia de maiores que temos preto do colexio?

POR FIN, O DÍA DO PEÓN!

Por fin chegou o Día do Peón. Había nenos e nenas que o esperabamos especialmente; tiñamos traballado tanto para aprender a bailalo que xa nos tardaba demasiado. Comezamos cantando a canción da "Buxaina". Case, case que se convertiu no himno do colexio.

O director continuou lendo o Manifesto do Día do Peón. Parece ser que foi lido en moitísimos colexios de Galicia. Foi un texto moi divertido de Suso de Toro.

Máis Máis tarde vimos ao campión do mundo no manexo de peóns nun vídeo. Tamén vimos outro video dun artesán facendo un peón. Non hai imaxes pois o salón quedou a escuras.

Despois saímos os que conseguimos o "Master en peóns" a facer unha demostración do que aprendimos desde que no San Martiño quitamos os peóns ao camiño.

 

Continuamos facendo unha demostración dun xogo onde podemos romper os peóns dos compañeiros. É moi divertido.

Rematamos coa entrega de diplomas. José Carlos destacou a Sara xa que dixo que os xogos non son de nenos nin de nenas.

Un Un gran día! Xa estamos esperando o próximo. Por certo, gardaremos os peóns polo San Amaro que cadra polo 15 de xaneiro.

Iso si, o colexio está agora máis bonito coa exposición de peóns e o cartel que fixeron para este día tan especial os nenos e nenas de 2º.

Por certo, Carlos Maldonado, de 5º de E.P. escribiu un conto precioso para esta ocasión.




O PEÓN DE OURO

Hai moitos anos, nun
pequeño pobo de Galicia, vivía unha buxaina feita de madeira de roble e, por
ese motivo, era a que mellor bailaba. Ademais estaba decorada dun xeito moi
bonito. Un día, competindo con outros peóns, tropezou cunha pedra e rodou ata o
río. A corrente a arrastrou ata unha aldea que ela nunca antes vira. Entón
notou que ningún peón daquela cidade estaba decorado. De repente, pasou por
diante del un peón de ouro que lle preguntou:

-        

Ti non es
deste pobo, verdade?

-        

Non,
respondeu.

-        

Pois direiche
que eu son o rei deste pobo e a mellor buxaina do mundo.

Enton, o peón propúxolle
ao rei celebrar un concurso para ver cal dos dous facía mellor o “Pico ao aire”
e que se perdía el sería o novo rei desa cidade.

-        

Acepto, dixo
o rei.

O día seguinte,
xuntáronse nunha praza para celebrar o concurso. O peón de madeira fixo moi ben
o “pico ao aire”, pero como o peón de ouro pesaba tanto non conseguía elevarse.
Así que a partir dese día deixou de ser o rei e a todos os peóns daquela cidade
permitíaselles estar decorados.

A CULTURA CHINESA NO COLEXIO

Para os nenos e nenas do noso colexio a cor, a forma dos ollos, a lingua..., non son máis que xeitos distintos e marabillosos de ser persoas. Cando xogamos no patio, cando estudamos ou cando durmimos podemos parecer diferentes para alguén que nos mire desde fóra, pero se estiveran entre nós, saberían que nos sentimos iguais.

Estes días celebramos a sorte que temos por ter entre nós a nenos e nenas que viñeron desde China. Debe ser un páis precioso. Quen poidera ir alá!

Aquí quedan algúnhas das imaxes da presentación. Quen o desexe, tamén pode visitar a mostra de libros que está exposta na biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut