PREVINDO O ACOSO ESCOLAR E A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un curso máis o CEIP López Ferreiro participou do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e os seus arredores, desenvolvido pola Policía nacional,

Nesta ocasión, a formación e información preventiva xirou en torno ao acoso escolar e a violencia de xénero. Partindo de situacións que simulaban a realidade, a rapazada dialogou para tomar conciencia da necesidade de poñerse no lugar da outra persoa…

Quizais sexa este o camiño para evitar males maiores.

COMEZOU A FAENA NO NOSO HORTO ESCOLAR.

Despois dunha boa semana de chuvias, algunhas familias voluntarias do CEIP López Ferreiro, así como as súas nenas e os nenos, achegáronse co sacho na man ata o centro educativo.

Estiveron acondicionando a zona do horto escolar para que a que este sexa un recurso máis dunha metodoloxía activa baseada na experimentación, na observación, e moi especialmente, no respecto polo mundo natural a partir do traballo colaborativo.

A proposta partiu conxuntamente do Equipo de medio ambiente e da ANPA do CEIP López Ferreiro. A bo seguro que pronto se verán os seus froitos!

O ALUMNADO DO CEIP LÓPEZ FERREIRO SÚMASE Á DEFENSA DO NOSO PATRIMONIO.

Se hai unha emisora que defende o patrimonio e a súa vinculación co noso país veciño, sen dúbida que esa é Ponte...nas ondas.
O venres 21 de outubro, que ademais é o Día do Podcast,o alumnado de 6º acudiu ata a Salón Nobre do Colexio de Fonseca, para gravar un programa
especial co que se pretende axudar a inscrición de Ponte...nas Ondas! no rexistro de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) da
UNESCO.
Durante a semana anterior, as nenas e os nenos traballaron nas aulas de xeito colaborativo para buscar información sobre as tradicións e diferentes
persoeiros da vida cultural e política galegas: o alcalde de Santiago, o gaiteiro Bartolo, o músico Pancho Álvarez, o reitor da USC, o Conselleiro
de Educcaión, Luz Fandiño, Antonio Couceiro..., e o alumno de 6º do López Ferreiro, Lois Bazal.

Finalmente, o seu traballo, mermado por cuestións organizativas dunha emisión en directo, viuse reflectido nas entrevistas que se realizaron, por
medio dunhas locutoras e locutores que o propio alumnado seleccionou.
No seguinte enlace, pódese seguir toda a emisión:
http://pontenasondas.org/?lang=es


DÍA EUROPEO DA REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR

O 16 de outubro, celébrase o Día europeo da reanimación cardiopulmonar.

Para concienzarse da súa importancia, o alumnado de 6º do CEIP López Ferreiro acudiu o martes 18 ata a Praza do Obradoiro. Recibiron unha xornada de formación en materia de primeiros auxilios baseada en reanimación cardiopulmonar, conuta PAS e demais coñecementos básicos. 
No acto estiveron presentes, ademaIs persoal voluntario da Cruz Vermella, de Protección Civil, e cargos importantes da Xunta como o propio Conselleiro de Educación.

 


Unha xornada formativa e interesante á par que divertida...Porque, ao ritmo da Macarena, segundo as nenas e os nenos, calquera se reanima!



 

Programa Piale

Dende o 5 de outubro,  unha mestra do noso centro  está a participar nun programa de formación organizado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a mellora da competencia lingüística e comunicativa en lingua estranxeira do profesorado.

Ademais, esta experiencia tamén servirá para coñecer o sistema educativo canadense, contribuir na formación para impartir clases na rede de seccións bilingües, favorecer a actualización metodolóxica e compartir experiencias con outros profesionais da materia.

Esta modalidade en concreto consiste nun itinerario formativo en tres fases:

1º Un curso de formación en inglés na Comunidade Autónoma de Galicia (unha semana)
2º  Inmersión no país falante da lingua estranxeira, neste caso Canadá (catro semanas)
3º  Elaboración de materiais

Enlace á convocatoria:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220120/AnuncioG0598-110122-0001_gl.html

PLAN DIXITAL DO CENTRO

EDL 2022 (European Day of Languages)

 

Xa estamos de volta e coa cabeza chea de ideas e ilusión por facelas.

 

 

 

Comezamos cos preparativos, nas primeiras semanas, para celebrar o 26 de setembro o Día das Linguas Europeas.

 

 

 

 

Este ano inscribímonos na plataforma de EDL,

no apartado dos eventos, para rexistrar o noso:

https://edl.ecml.at/Events/EventsDatabase/tabid/1772/EventID/25816/q/WRISTBAND/language/en-GB/Default.aspx

  

 

 

Tamén estivemos a vestir 3 árbores con follas multilingües, as árbores foron un traballo

do Equipo de Actividades Extraescolares, a súa coordinadora a profesora Ana Robles.

 

Thank you Images - Free Download on Freepik

                         

 

                                                            

 

Primeiro simulacro do curso

O xoves 22 de setembro todo o centro participou nun simulacro de evacuación por incendio. Tratábase de comprobar se se respectaban as vías de evacuación, se o dexaloxo se realizaba con celeridade, se respondían os mecanismos de alarma (físicos e humanos), se os medios chegaban a tempo para extinguir o lume...

 Ao final, a experiencia foi todo un éxito e mesmo chegaron os bombeiros, protección civil e unha ambulancia. O persoal responsable destes medios compartiu as súas impresións co alumnado de educación infantil, e mais o de 1º e 2º.

 

ATA O VINDEIRO CURSO - SEE YOU!

O Equipo de Dinamización de Seccións Bilingües queremos despedirnos agradecendo a alumnado, profesorado, persoal non docente, familias e a todos e todas aquelas persoas que facilitaron cada actividade que levamos a cabo ao longo de todo o curso.

Esperamos volver contar con toda a axuda e colaboración recibida.

Deixamos un anaco do espectáculo de despedida que o alumnado desfrutou como actividade final.

 

https://drive.google.com/file/d/1U23JhjalQR046_rdLgRMSrINePMwla8J/view?usp=sharing

 

HAPPY SUMMER :)

 

Distribuir contido