REVISTA PEGADA

Presentámosvos, este curso en formato dixital, a nosa publicación anual, dende hai xa dezaoito cursos.
Agardamos que a desfrutedes tanto coma nós!
Feliz verán a todas e a todos!
Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP López Ferreiro.

Meeting With Cañada Blanch School - 5th Graders

 

 

PROTOCOLO ADAPTACIÓN CONTEXTO COVID - VERSION 20/05/2022

 

 

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23

O PRAZO de presentación vai do 19 de maio ao 22 de xuño.

A SOLICITUDE será única para todos os alumos/as matriculados/as nun mesmo centro educativo o vindeiro curso (salvo que se tramite pola sede electrónica donde haberá que facer unha solicitude por cada alumno/a) e poderá cumprimentarse:

  •  De xeito manual, solicitando o modelo na secretaría do centro ou imprimindo o modelo pinchando neste enlace.
  • Na Aplicación Fondolibros, e realizando a presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente no colexio

Poderán solicitar:

  • Axudas para material escolar (de 1º a 6º de Educación Primaria)
  • Axudas para libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria)
  • Participar no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º de Educación Primaria). O alumnado de 5º e 6º do noso centro non pode optar ás axudas para libros por pertencer ao Proxecto E-dixgal (si poden solicitar as axudas para material escolar).

Fai un trato co galego!

O noso centro quere festexar con toda a comunidade educativa o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Florencio Delgado Gurriarán.

Como celebración que ten como fin último a promoción e a defensa da lingua, parécenos moi importante achegar o traballo que se está a desenvolver no centro ao respecto: a campaña Fai un trato co galego! Está impulsada dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e nela están a participar moitas persoas significativas de diferentes ámbitos. Presentámosvos unha mostra e animámosvos a seguir o blog do EDLG, que recolle as achegas desta iniciativa.

      

 

Para acceder ao blog premede no seguinte enlace: https://edlglopezferreiro.blogspot.com/

Traballo colaborativo (López Ferreiro-USC)

Presentámosvos un traballo conxunto entre o CEIP López Ferreiro e a Facultade de Ciencias da Educación da USC. Un proxecto de recollida de tradición oral que nace dun traballo das aulas Coralia e Maruxa e que se materializou a través dunha proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro.

A tradición oral é un vehículo marabilloso de transmisión, conservación e posta en valor da nosa lingua e da nosa historia.  Para consultar o libro premede aquí

Entrada na Galipedia

O noso centro xa aparece na Galipedia! Grazas ao alumnado de 6º de Primaria, grupo B, temos unha entrada co nome do CEIP López Ferreiro. Convidámosvos a acceder premendo na imaxe:

Os poemas de Delgado Gurriarán nas nosas aulas

Ao longo destes días, no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, poderedes ir vendo e  escoitando  gravacións en audio e vídeo, do traballo que se desenvolveu e se está a desenvolver ao redor dos textos de Delgado Gurriarán, nas aulas.

 

https://edlglopezferreiro.blogspot.com/2022/05/recitados-de-textos-de-florencio.html

THE ATLANTIC DIET, A HEALTHY DIET

O pasado 28 de abril tivo lugar unha actividade programada polo Equipo de Dinamización de Seccións Bilingües (dentro da , para o alumnado de 1º e 2º de E.P. Desfrutaron dun taller para promover unha forma de vida máis saudable. A poñente, Ana B. Crujeiras preparou ademais unha presentación bilingüe como parte do taller.

Ana, é unha das científicas do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) (localizado no Hospital Clínico Universitario de Santiago CHUS). Introduciunos non só en aspectos de hábitos máis sans, senón tamén no concepto de dieta atlántica.

Se premedes na imaxe accederedes á páxina da Fundación DIETATLÁNTICA, onde atoparedes información sobre alimentos por tempada, eventos, información e tamén receitas.

 

 

  

Os nosos e as nosas peques desfrutaron moito da charla, estiveron moi participativos preguntando e compartindo con Ana un montón de inquedanzas e valoracións.

 

 Algúns momentos do obradoiro e material que se utilizará para a devandita actividade na aula.

 

    

AS AULAS DO LÓPEZ FERREIRO TERÁN NOME DE MULLER.

Para visibilizar o labor das mulleres galegas no mundo da ciencia, do deporte, da literatura, da historia, da cultura…, ou mesmo mulleres anónimas de calquera ámbito, o Equipo de dinamización da lingua galega e mais o de biblioteca comezaron a nomear algunhas aulas do CEIP López Ferreiro.

Helena Villar Janeiro e Encarna Otero xa viñeron inaugurar as súas. Helena, recoñecida escritora en lingua galega que tamén foi profesora deste centro, prestou o seu nome á biblioteca; e Encarna, inaugurou a súa aula de educación infantil,  para que desde as idades máis temperás  o alumnado sinta curiosidade pola historia e as tradicións máis esquecidas da nosa cidade.

Unha iniciativa que continuará…

Distribuir contido