25 Novembro: Día internacional da eliminación da violencia contra mulleres e nenas.

O alumnado de 6º, en representación de todo o CEIP Manuel Mato Vizoso, maniféstase a favor da eliminación da violencia contra mulleres e nenas. 

Preme, para poder ver máis:

TALLER DE IGUALDADE

O alumnado de 2º de Educación Primaria, recibiu un taller no que aprenderon e reflexionaron acerca dun tema tan importante como é a Igualdade.

Para ver unha mostra, premede na foto.

E TI, DE QUEN VÉS SENDO?

Neste mes de novembro o alumnado do CEIP Manuel Mato Vizoso, estivo analizando as súas orixes neste traballo titulado " E ti, de quen vés sendo?

Se queredes ver o bonitos que lles quedaron os seus traballos, animádevos a visitar o blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Pinchade na foto:

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO E O SAMAÍN.

O pasado venres día 28 de outubro, celebramos no CEIP Manuel Mato Vizoso, o SaMagostín (Magosto+Samaín)

Pasámolo en grande, comemos castañas asadas, xogamos, bailamos e gozamos da actuación dos VALUROS.

Se queredes ver unha pequena mostra, pinchade no seguinte enlace:

 

Montaxe

                                                                              

CELEBRACIÓN MAGOSTO

 

O vindeiro 28 de outubro celebraremos o Magosto no colexio. Ademais de xogos tradicionais e a tradicional degustación das castañas asadas, contaremos coa actuación dos VALUROS, xestionada pola ANPA do Ceip Mato Vizoso e co patrocinio da Deputación de Lugo, área de Vicepresidencia de Cultura.

FESTA FIN DE CURSO

 Para celebrar que chega o verán e despedir aos compañeiros/as de sexto e aos que se van para outro centro, fixemos unha festa na que o pasamos xenial. Foi un día cargado de emocións e con sentimentos encontrados pero disfrutámolo moito. 

Pinchade na foto e veredes. 

SAÍDA INFANTIL

O venres pasado os nenos/as de infantil fomos ao cine a Lugo, para poder ver a Marmaduke, a historia dun can que non se portaba moi ben ao principio, pero coa axuda do seu adestrador, chegou a gañar concursos!

Que ben o pasamos! Pinchade na foto e veredes.

 

EXCURSIÓN 5º

O pasado venres os nenos/as, de quinto de primaria, fomos de excursión a Santiago. 

Visitamos o Parlamento de Galicia e fixemos as funcións dos deputados por uns minutos. ATA OCUPAMOS OS SEUS ASENTOS!

Pasámolo xenial á hora da comida e subimos aos tellados da CATEDRAL... Estades lendo ben, andivemos nos tellados da CATEDRAL DE SANTIAGO!

Pinchade na foto e veredes. 

 

 

VISITA A LUGO DO ALUMNADO DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O pasado venres o alumnado de terceiro visitou Lugo, e aprendeu unha morea de cousas interesantes, porque... Sabedes? Por alí andiveron os romanos. 

Coñeceron o camiño primitivo, as termas, as  diferentes portas da muralla e... Si queredes dar conta do que viron podedes pinchar na foto. 

EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado martes 24 de maio, o alumnado de sexto de primaria viaxou ata Santiago de Compostela para coñecer de primeira man o funcionamento do PARLAMENTO e da XUNTA de Galicia. Despois das explicacións sobre funcionamento e competencias de ditas institucións, disfrutaron dun tempo de lecer que aproveitaron para visitar a cidade. Pincha na foto.

Distribuir contido