FIN DE CURSO 2022/23

O mércores 21 xuño, gozamos no cole dunha festa de fin de curso onde houbo de todo...música, baile, maxia, pero sobre todo, emocións a flor de pel, e é que o noso alumnado de 6º remata a súa etapa no CEIP Manuel Mato Vizoso, para iniciar unha nova no instituto. Desexámosvos o mellor e agardamos que nos recordedes co mesmo cariño co que nós vos recordaremos a vós. SORTE E A CUMPRIR TODOS OS VOSOS SOÑOS! 

EXCURSIÓN A FERROL. 5º E.P

Hoxe tocoulle ao alumnado de 5º, que vén de pasar un gran día en Ferrol. Visitaron a Estación de bioloxía mariña da Graña, da USC; a ruta de arte urbano das Meninas de Canido e o Museo Naval de Ferrol, onde puideron ver as súas instalacións e facer un taller de nós.

Pinchade na imaxe de abaixo, para ver máis:

 

VALENTINA, UN FILME QUE ABORDA A DIVERSIDADE.

O pasado luns, día 19, o alumnado de Educación Infantil e 1º de primaria, visionou o filme de animación galega, "Valentina", da autora Chelo Loureiro.

Valentina, é unha nena co Síndrome de Down, que soña con ser trapecista e cree que pola súa condición, non poderá conseguilo, pero a súa avoa, compañeira de xogos, aprendizaxes e cancións, asegúralle que se as eirugas logran converterse en bolboretas, nada é imposible.

Pinchade na imaxe de abaixo, para ver unha pequena mostra.

EXCURSIÓN EDUCACIÓN INFANTIL.

O pasado xoves 15 de xuño, o alumnado de Educación Infantil, acompañado polas súas mestras, gozou dunha sesión de cine nas salas Yelmo, do centro comercial As Termas, en Lugo. Desfrutaron do filme, "Mavka: Guardiana del bosque".

A calidade das fotos non é a mellor, debido á pouca luz, pero se queredes ver unha pequena mostra, pinchade na imaxe.

VISITA DE LOIS PÉREZ.

O pasado venres, día 16 de xuño, contamos no cole coa visita de Lois Pérez, autor de "A gruta da torre", libro que leron os nenos e nenas de 5º de primaria e co quedaron absolutamente fascinados e fascinadas. Moitas grazas por esta visita tan marabillosa e por facernos gozar así coa lectura.

Pinchade na imaxe de abaixo para ver máis:

EXCURSIÓN A FERROL. 6º E.P

Hoxe tocoulle a vez ao alumnado de 6º, que vén de pasar un día formidable en Ferrol. Visitaron a Estación de bioloxía mariña da Graña, da USC; a ruta das Meninas de Canido e o Museo Naval de Ferrol, onde puideron ver as súas instalacións e facer un taller de nós.

Ademais, gozaron dun tempo de lecer no parque Reina Sofía, na praza de Amboage e no Cantón de Molíns.

Pinchade na imaxe de abaixo, para ver máis:

 

 

EXCURSIÓN A A CORUÑA. 4º E.P

Os nenos e nenas de 4º de primaria, visitaron hoxe na Coruña, os tres museos científicos da cidade; a Domus, o Aquarium Finisterrae e a Casa das Ciencias. Aprenderon morea de cousas sobre o ser humano, a ciencia e os océanos e desfrutaron dun día marabilloso no que descubriron o fantástico que pode ser o mundo mariño.

Pinchade na imaxe de abaixo para ver que ben o pasaron:

EXCURSIÓN Á MARIÑA LUCENSE. 3ºE.P

O alumnado de 3º de primaria, estivo hoxe na Mariña Lucense, gozando dun día de aventuras no Labirinto Costa Mariña, da visita á praia das Catedrais e culminado o día cun momento de xogos no parque de Ribadeo.

Pinchade na imaxe de abaixo para ver máis:

FEIRA DO LIBRO 2023.

O pasado venres, o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria, puido gozar dunha representación adaptada do "Quixote", co gallo da feira do libro deste ano 2023.

Se queredes ver máis pinchade na imaxe de abaixo:

EXCURSIÓN Á CORUÑA. 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

O alumnado de 2º de Educación Primaria vén de gozar dun día marabilloso na Coruña. Visitaron a Casa das ciencias e o planetario, así como o Aquarium Finisterrae, onde o pasaron xenial aprendendo e desfrutando de cada unha das actividades.

Pinchade na imaxe de abaixo para poder ver que ben o pasaron.

 

 

Distribuir contido