8M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Hoxe conmemoramos o 8M, Día Interancional da Muller, para elo desde o centro fixemos este mural sobre as "Mulleres no Deporte". Cada clase investigou sobre a vida e logros de quince mulleres relevantes en diversas disciplinas deportivas.

Aquí abaixo podedes ver o resultado:

 

 

 

Obradoiros de igualdade

Durante este trimestre o noso alumnado de 6º de Educación Infantil e os nenos/as de 5º de Educación Primaria estiveron a realizar obradoiros sobre a igualdade de homes e mulleres, para esta tarefa contamos coa axuda imprescindible de Mara (axente de igualdade do Concello de Vilalba), coa que fixeron un mónton de actividades, velaquí unha mostra.

 

Ademais, para conmemorar o Día da Muller, que se celebrará este venres, os máis maiores fixeron un traballo de investigación entre as mulleres que eles consideran referentes na súa vida cotiá que se plasma neste pequeno libro, botadaslle unha ollada?

 

SAÍDA DE 6º DE E. PRIMARIA A FERROL

O pasado luns, día 4 de marzo, o alumnado de 6º de Educación Primaria, acompañado das súas mestras, desprazouse ata Ferrol, alí visitaron o CIS (Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño) da Xunta de Galicia, no que participaron en diversos talleres de química e cosmética, así como de programación de placas electrónicas.

Premede na imaxe de abaixo para poder ver as fotos.

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA.

Hoxe conmemoramos o día de Rosalía no centro, para elo todos os nenos e nenas, coa colaboración de Maruxa e Marta, recitaron o poema "Has de cantar", incluído no poemario Cantares Gallegos.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, realizou unha montaxe de vídeo que incluíron no seu blogue, deixámosvos o enlace premendo na imaxe.

 

 

 

Por outra banda, temos que agardecer ao Iescha "Instituto de Estudos Chairegos", que nos cedeu o seu fermoso "photocall" para converternos en Rosalía por uns intres.

Pinchade no link para ver as imaxes da galería: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmatovizoso/galeria/displayimage.php?album=308&pid=7686#top_display_media

Entroido no Mato Vizoso. 2024

Onte celebramos o Entroido no cole, e aínda que a choiva desluciu un pouco os actos e non deixou queimar o noso Meco, pasámolo en grande.

Animámosvos a ver este vídeo creado desde o equipo de Biblioteca, no que poderedes ver todos os disfraces inspirados no noso proxecto de centro, "Tiara Viaxa aos Xogos Olímpicos"; Gregos, chamas olímpicas, deportes de inverno e de verán, xuíces, espectadores e ata medallistas olímpicos, encheron onte o Mato Vizoso. 

Pinchade na imaxe para ver máis;

DÍA DA PAZ, 2024

Hoxe, día 30 de xaneiro, celebramos no centro o Día da Paz, cunha actividade colaborativa cos outros centros da vila, para elo contamos coa cooperación das familias, que achegaron un anaco de tea branca na que penduramos as nosas "Pombas, símbolo da Paz".

Pinchade na imaxe de abaixo para poder ver máis.

 

OBRADOIRO DE MUSICALIDADE E PSICOMOTRICIDADE PARA 1º DE E.P.

O pasado xoves, día 18 de xaneiro, o alumnado de 1º de E.P gozou dun obradoiro de musicalidade e psicomotricidade proposto pola ANPA do centro. Dita actividade veu da man de Branca Villares, membro do grupo de música tradicional, "Troupelear".

Para ver máis, pinchade na imaxe de abaixo.

 

Nadal no Mato Vizoso.

Hoxe celebramos o Nadal no centro. Fixemos moitas actividades, como intercambio de postais de Nadal, visita do Apalpador e unha sesión de títeres, da man da compañía "Mircromina".

Anímovos a que pinchedes na imaxe de abaixo para acceder ao blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e así poder ver o ben que o pasamos.

 

Felices Festas, vémonos á volta!

Saída a Lugo. 3º Ciclo de Primaria.

O martes 19 de decembro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, realizou unha saída cultural á cidade de Lugo, visitaron o Centro Arqueolóxico de San Roque, o Museo Universitario A Domus do Mitreo e, quedoulles tempo para gozar da decoración de Nadal e da Muralla Romana.

Premede na imaxe para poder ver as fotos:

 

Obradoiro do Capón.

O pasado luns, día 18 de decembro, o alumnado de 5º de Primaria, gozou dun obradoiro a cargo da "Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos", (AVIMÓS)

Faláronnos da cría do capón, da orixe da feira e, ademais, puidemos degustalo.

Pinchade na imaxe para ver máis:

Distribuir contido