LETRAS GALEGAS

O IDIOMA É A FALA

QUE NOS XUNGUE E SOSTÉN

¡SE PERDEMOS A FALA

NON SEREMOS NINGUÉN!

Para celebrar o día da nosa lingua e recordar este ano a FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, os nenos/as do Mato Vizoso fixemos unha festa na que aprendemos cantigas e bailes populares acompañados de Montse Rivera e Mercedes co espectáculo ARMADANZAS. Así seguimos mantendo viva a nosa fala e a nosa cultura. 

Pinchade na foto e veredes que ben o pasamos 

OS CONTOS DA TITIRITESA

O pasado luns os nenos/as de infantil e primeiro de primaria, disfrutaron moito con Celtia "DA Xanela do Maxín" e o seu espectáculo "OS CONTOS DA TITIRITESA".

DÍA DO LIBRO

Para celebrar o DÍA DO LIBRO, o pasado venres recollemos uns agasallos sorpresa na biblioteca do cole .................. A ler !!

VISITA DO ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA AO CASTRO DE VILANDONGA

Hai uns días, o alumnado de 4º de educación primaria visitou o Castro de Viladonga. Alí coñeceron como vivían os nosos antepasados, traballaron o barro e... aprenderon moitas cousas que podedes ver se pinchades na foto. 

VISITA DO ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA A EXPONAV

O pasado venres os nenos e nenas de 2º de primaria visitaron Exponav en Ferrol e  RECIBIUINOS UN PIRATA!!!!!!!!!!

Queredes velo? Pinchade na foto.


8 DE MARZO "DÍA DA MULLER TRABALLADORA"

Dende aquí a nosa homenaxe a tódalas mulleres loitadoras que traballan en busca da igualdade.

Traballo dos máis pequenos.

 

 

Traballo dos maiores.

 

ENTROIDO NO MATO VIZOSO

Un ano máis non celebramos o ENTROIDO como nos gustaría. O MECO non puido asistir ao centro por estar confinado, pero nós seguimos ao pé da letra os seus mandatos. 

O martes para empezar,

un sombreiro na cabeza levarás.

.........

 

E o venres veña festa!

Pinchade na foto e disfrutade da festa.

 

DÍA DE ROSALÍA

Rosalía de Castro naceu un 23 de febreiro hai 185 anos.Coincidindo con esta efeméride, no noso colexio homenaxeamos á escritora galega máis universal...."SEMPRE ROSALÍA". Pinchade na foto e no link para ver os nosos traballos.

 

 

 

https://drive.google.com/file/d/1UnOn5asWfVknkCIwEQvokerzb9MyGkwp/view?usp=sharing

DÍA DA PAZ

En colaboración con outros centros do concello, durante a última semana de xaneiro o noso alumnado elaborou papaventos para celebrar o día da PAZ. Éstes son os resultados.Pincha no enlace.

CELEBRAMOS O NADAL

O día 21 de decembro celebramos o NADAL e. como xa levabamos semanas preparándonos, fixémolo por todo o alto.

Cantamos e bailamos con CE ORQUESTRA PANTASMA, tivemos un CONTACONTOS  e recibimos a visita de PAPÁ NOEL E O APALPADOR. 

Pinchade na foto para ver o ben que o pasamos. 

 

Distribuir contido