CARREIRA DAS LETRAS GALEGAS 2023.

Seguindo cos actos para conmemorar o Día das Letras Galegas, hoxe celebramos a xa tradicional, "Carreira das Letras Galegas", no Estadio Municipal da Madalena.

Corremos "un pouquiño" e pasámolo xenial!

Moitas grazas ao Concello e ao resto de centros da vila por facelo posible.

Pinchade na imaxe de abaixo para ver a galería de fotos:

 

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2023

Onte celebramos no centro o día das Letras Galegas, que este ano estaba dedicado a Francisco Fernández del Riego.

A parte de coñecer a súa vida e a súa contribución a celebración deste día, fixemos diversas actividades, que comezaron cunha "Foliada" a cargo da escola de baile tradicional, O Xeito e, a continuación, o alumnado agasallounos coas súas marabillosas actuacións.

Se queredes velas, pinchade na foto de abaixo e poderedes ver a montaxe de vídeo realizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega para o seu blogue:

 

Para ver todas as fotos do día das Letras galegas, pinchade no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmatovizoso/galeria/displayimage.php?album=285&pid=6029#top_display_media

EXCURSIÓN AVIFAUNA. 1ºE.P

O pasado venres, día 5 de maio, o alumnado de 1º de Educación Primaria, visitou Avifauna en Outeiro de Rei e, posteriormente gozou dun tempo de lecer na área recreativa de Penas de Rodas. Pinchade na imaxe para ver máis.

 

DÍA DO LIBRO (23 de Abril)

Hoxe conmemoramos no centro o Día do Libro, que se celebra o 23 de abril. Realizamos unha actividade que parte desde o equipo de Biblioteca, e que consiste nos "Apadriñamentos lectores". Se queredes ver o ben que o pasamos, pinchade na imaxe de abaixo.

Excursión 4º de E.P. INNOVART23

O alumnado de 4º de Educación Primaria, visitou hoxe na Cidade da Cultura de Galicia "INNOVART23", evento organizado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no que se da mostra das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas, que se imparten en Galiza.

Pinchade na imaxe para ver o moito que desfrutaron, tanto nas instalacións interiores como nas exteriores.

REGUEIFAS.

O alumnado de 6º de Educación Primaria, gozou dun taller de "Regueifas" (disputa dialéctica improvisada e en verso) a cargo do alumnado do IES Santiago Basanta Silva.

Se queredes ver as fotos do taller pinchade na imaxe de abaixo.

OBRADOIRO DA FEGADACE (FEDERACIÓN GALEGA DE DANO CEREBRAL)

Hoxe, o alumnado de 1º e 2º de educación primaria, gozou dun obradoiro da man dos "Bolechas" e a cargo da fundación FEGADACE, no que se lles mostrou como respetar a diversidade funcional, a reaccionar ante un posible caso de Ictus, etc...

Pinchade na imaxe para ver as fotos.

8M, NO BLOGUE DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.

Montaxe realizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, con todos os traballos e murais feitos polo alumnado, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller.

Pinchade no enlace para entrar no blogue do equipo.

Agardamos que vos guste.

https://edlgmatovizoso.blogspot.com/2023/03/8m-dia-internacional-da-muller.html

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller, contamos no centro coa compañía de teatro, "Trémola teatro", que nos agasallou coa representación teatral, "Dúas nenas moi moi valentes".

Ademais disto, realizamos diversas actividades, murais, etc..

Premede na imaxe, para poder ver unha pequena mostra.

 

 

 

23 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA.

O pasado venres, celebramos no centro o día de Rosalía, que se conmemora o día 23 de febreiro. Para mostra, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, vén de publicar no seu blogue unha montaxe na que podedes ver un resumo de todos os traballos e actividades realizadas na súa honra.

Se queredes velo, pinchade no seguinte enlace: https://edlgmatovizoso.blogspot.com/2023/02/dia-de-rosalia.html

Distribuir contido