Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 25 de Novembro.
O pasado sábado, día 25 de Novembro, conmemorouse o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. As nenas e nenos de sexto de primaria, acompañados e guiados polas súas profes, fixeron este fermoso vídeo, para clamar pola Igualdade e rexeitar esta forma de violencia que tanto dano está facendo na nosa sociedade.
Agardamos que o desfrutedes tanto coma nós.
EXCURSIÓN A VIVEIRO. 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
O alumnado de 5º de Educación Primaria, realizou no día de onte, unha saída na que navegaron a bordo do barco da Garda Civil, avistando o Mar Cantábrico e navegando pola ría de Viveiro. Así mesmo, puideron coñecer a ofrenda que fan os barcos ao saír do porto, ante a capela do Ecce Homo.
Pinchade na imaxe, para ver todas as fotos.
O CLUB DE LOITA OLÍMPICA DE VILALBA NO MATO VIZOSO.
Estes días estiveron no colexio, técnicos do Club de Loita de Vilalba. Ensináronnos en que consiste este deporte que tanto éxito ten na nosa vila e fixemos algunhas actividades que tamén soen facer nas súas clases. Pasámolo xenial!
SAMAGOSTÍN 2023
Onte celebramos no cole o xa tradicional, "SaMagostín", que mestura dúas festas da nosa tradición galega, o Magosto e o Samaín. Comemos castañas, puxemos os desfraces máis terroríficos e xogamos moito.
Se queredes ver unha pequena montaxe de vídeo, sobre o día de onte, pinchade na imaxe de abaixo.
Enlace á galería con todas as imaxes: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmatovizoso/galeria/displayimage.php?album=298&pid=7201#top_display_media
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »