Skip to Content

contido

A IMPORTANCIA DA COMPOSTAXE

Estes días que andamos a quitar o composteiro vello para poñer o novo nun lugar más axeitado da horta....démonos conta de que non se estaba a facer todo o ben que se debe......

Para recordar os restos que se poden botar ou non no composteiro, deixamos aquí unha imaxe de Revitaliza....

E ademáis aproveitamos para poñer aquí un vídeo sobre o tema feito por Sogama. Preme no ficheiro adxunto para poder velo.

  Compost is important for our planet

This week we bought a new compost bin for our garden. But when we took the old one we saw that we are not doing it as good as we can, so we decided to remind the things that we can put in the bin and the ones that we cannot.

QUERES FRAMBOESAS??

E seguimos avanzando na horta de Lúa.....desta volta xa temos quen se animou a plantar framboeseiros.....

Ainda teñen que medrar e dar os seus froitos...pero xa temos a man a receita da marmelada para rechear unhas "muffins" saudables....Sorriso

 

 

 Would you like some raspberries?

Our garden is growing, so we decided to plant some raspeberries. The plants are still small so we have to wait a little but we are already thinking about the delicious and healthy recipes that we are going to prepare with them.

LÚA VISITA AS AULAS

LÚA VISITA AS AULAS

 

Lúa visitou as clases do colexio para anunciar que a biblioteca está preparada para poder recibir a todos e a todas. Entregou a lista coas normas que teremos que cumprir para estar seguros/as e o plano coa nova distribución das mesas e cadeiras para que cada un saiba onde se pode ou non sentar. Ademais invitou a seguir participando un curso máis no circuíto da milla e a continuar traballando e colaborando cos nosos amigos europeos no proxecto Erasmus+.

HORTA LISTA!!

Paseniño, paseniño...vaise facendo o camiño......

Xa temos bautizada a nosa hortiña!!! A HORTA DE LÚA, non podía ser outro nome, a que non? É que a nosa Lúa é moi especial para o noso centro. 

O equipo Voz Natura traballou a contrarreloxio para ter a horta lista para sementar. Cortouse a herba, arrincamos malas herbas, fresamos a man os bancais e as rodas...e coa axuda de Jaime que rematou o peche da horta do lado dereito...temos todo listo!!

Quedou tan bonita!!! A que si??

 

Dende aquí, como mestra encargada deste proxecto no centro quero agradecer profundamente ao meu equipo Voz Natura e a Jaime a súa labor desinteresada e o seu esforzo por manter este proxecto vivo neste curso tan complicado. Así como tamén teño que agradecer ao equipo de mestres e mestras do Proxecto Plurilingüe que tanto o curso pasado como este deron forma á nosa horta.

Pero non pensedes que isto remata aquí....xa temos na recámara ideas para mellorar este proxecto...pasade por aquí de vez en cando....Guiño

 

  Lua's Garden

 Lua is so special for us, that we decided to call our vegetable garden “Lua’s garden”

“Voz Natura” team work so hard to prepare everything. They: mowed the grass, pulled the weeds off, prepared the terraces, … and now we are ready to plant our seeds!

It looks beautiful, don’t you think?

A volta ao Mundo de Lúa

A volta ao Mundo de Lúa 

No mes de Novembro retomamos a “Volta ao Mundo de Lúa” que comezamos o curso pasado. O confinamento non permitiu rematar a volta completa, así que este ano imos tentar entre todos rematala. Todos os días o alumnado do colexio percorreremos millas cada recreo, así conseguirémolo. Este ano vai ser un pouco distinto xa que coas medidas Covid-19 , soamente poderemos facer a milla un día a semana.

Para todo isto, primeiro preparamos o percorrido con nova sinalización.

Lúa mandounos unha postal dende Irlanda onde pasou o confinamento e explicounos como temos que facer este curso para axudarlle.

Así que nos imos a poñer en marcha para conseguir moitas millas axiña. Imos aló!!

 

 Lua's mile

 

In november we brought “Lua’s world tour” back. The pandemic situation didn’t let us finish the tour so this year we are going to try to do it all together. This year, Due to COVID-19 situation, pupils can only participate once a week.

Hábitos de vida saudable e deporte en familia. Rutas con encanto: Os Muíños do Río Furnia Pexegueiro Tui.

Hábitos de vida saudable e deporte en familia.

Rutas con encanto: Os Muíños do Río Furnia Pexegueiro Tui. 

O pasado domingo 22 de outubro, Sara Penedo de 3ºB visitou coa súa familia os Muíños do Río Furnia na parroquia de Pexegueiro en Tui. Un lugar con moi bonito e que moitos descoñecemos. O Río Furnia xa nos ten deixado imaxes do seu paso pola parroquia de Malvas, pero agora Sara invítanos a descubrir este tramo en Pexeguero. Anímannos a visítalo coa nosa familia.

 

 

Moitas grazas a Yago e a súa familia.

Hábitos de vida saudable e deporte en familia. Rutas con encanto: Aguiño en Ribeira ( A Coruña).

Hábitos de vida saudable e deporte en familia.

Rutas con encanto: Aguiño en Ribeira ( A Coruña). 

O pasado luns 12 de outubro, Iria de 5ºA visitou coa súa familia Aguiño unha parroquia do Concello de Ribeira na provincia de Coruña. Aguiño é un pobo mariñeiro con múltiples encantos, á amabilidade das súas xentes, as estupendas vistas ao mar, a beleza do seu entorno...

Iría enviounos unhas imaxes fantásticas que nos deixan con gañas de visitalo en canto o peche abandone Tui.


 

Moitas grazas a Iria e a súa familia.

Alimentación Sa e Saudable. Eramus+ Pastel de Cenoria.

Alimentación Sa e Saudable.  Eramus+

Pastel de Cenoria.

Estes días de merendas saudables imos convidarvos a probar o Pastel de Cenoria  que preparou Helena de 2ºC coa súa familia. Cociñouna  con ilusión para compartir con vós, os nosos compañeiros virtuais do colexio e Erasmus+.

Moitas grazas Helena. Ten unha pinta exquisita.CansoCanso

Biblioboletín 3º Trimestre curso 19/20.

Biblioboletín 3º Trimestre curso 19/20.

Aquí vos deixamos o biblioboletín onde damos conta trimestralmente as familias e Comunidade Educativa das novas do centro e do proxecto Erasmus+.

Sendas e Rutas con Encanto para facer en familia no verán en Salceda de Caselas.

Sendas e Rutas con Encanto para facer en familia no verán en Salceda de Caselas.

Unha proposta moi importante para o verán para facer en familia, son as sendas ou rutas de sendeirismo ou en bicicleta. Aquí no noso entorno temos moitas posibilidades. Deixamos algunhas sendas de Salceda de Caselas que nos invita a facer Elena de 6ºA, pinchade na senda que queirades visitar:

 

 

Alimentación Sa e Saudable. As nosas Hortas Ecolóxicas na casa.

Alimentación Sa e Saudable.

As nosas Hortas Ecolóxicas na casa.

Este ano foi un ano moi especial. Especial porque a horta do noso colexio foi collendo cor, e coas nosas cores fomos quen, de pintala e preparala ao grande. Coas ilusións e grandes ideas da profe Montse, preparamos a nosa  horta creativa e comezaramos a plantar as nosas sementes, que medraban cos nosos coidados diarios, para preparar unha alimentación sa e saudable.

Especial porque coa chegada de Covid-19, alguén decía "Horta en Pausa..?" Non o podíamos permitir, así que puxemos todo a nosa creatividade en funcionamento, sabendo que é moi importante comer sa e saudable. Para iso coa axuda das nosas familias, dos nosos avós...a horta do noso colexio, chegou a moitas das nosas casas. Aquí ímosvos dar boa conta dos alimentos que cultivamos e na sección de alimentación sa e saudable, podedes ver os exquisitos pratos que preparamos para degustar. Auténticos Delicatessem Ecolóxicos.

Na horta de Andrea de 5ºA e Mauro de 2ºB medraron riquísimas leitugas, tomates, pementos, melóns, xudías e moitas cousas máis.

 

Na horta de César de 4ºB e da súa avoa medraron tomates, pementos,brócoli, cenorias, pepinos, alcachofa, patacas, sandía, leituga, repolo, cebolas, remolacha, espinacas e cogombro. 

 

A familia Docampo, Dani de 5ºB e Javier de 1ºA están a cultivar na súa horta ecolóxica: fresas, pementos, xudías e cabazas.

Iago de 6ºA coida con moito esmero da súa horta, rega cada día para que as súas fresas, as xudías, os pementos de padróns,... medren para preparar pratos exquisitos.

Nico de 6ºA, tamén ten unha gran horta con moitas leitugas, xudías, espinacas, cebolas, repolos, cenorias, pementos, tomates,...

O pai de Uxía de 6ºA, ten unha horta fantástica, con arbores froiteiras: limoeiros, kiwis, colleita leitugas, remolacha, melóns, tomates, framboesas, cebolas... e ten unhas galiñas que poñen uns ovos estupendos.

Sara de 3ºA e a súa familia tamén teñen unha gran horta con moitas leitugas, pementos,...

Aarón de 6ºC e a súa familia, están a cultivar na súa horta ecolóxica: Tomates, pementos, repolos,...

Arantxa de 6ºC  tamén  unha gran horta con moitas leitugas, pementos, tomates, melóns...

Kevin de 6ºB e a súa familia, están a cultivar: Tomates, pementos, repolos, leitugas...

 

Xenxo de 4ºA e a súa familia, están a cultivar na súa horta ecolóxica: Tomates, pementos, fresas...

Angel de 5ºB e a súa familia, están a cultivar na súa horta ecolóxica: leitugas, calabacíns...

 

Paula de 6ºA e a súa familia, están a cultivar na súa horta ecolóxica: leitugas, calabacíns...

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

Shaila de 5ºB e a súa familia, están a cultivar na súa horta ecolóxica: leitugas, calabacíns...

 

 

 

Never give up having a happy and healthy lifestyle!

During the quarantine and this awkward summer, our wonderfull students didn´t stop with their healthy lifestyle. With their families, they practiced lots of free air activities, walked miles and miles along some worderfull parks, went riding, skating, ... and they sent us some evedences of that. Some places are: A guarda, O rosoal, Redondela, Salceda, Tomiño or Tui surroundings.

Besides, they grew some marvelous plants in their gardens and they create lots of delicious recepies that they shared with us.

We are so proud of them!

In the following pictures you can see some of the great things that they did or the places that they have visited.

Alimentación Sa e Saudable. Eramus+

Alimentación Sa e Saudable.

Eramus+

Estes días de confinamento imos invitarvos a probar as nosas receitas de alimentación saudable,  cultivadas nas nosas hortas na casa. O alumnado do CEIP Nº2 de Tui, traballamos para poder compartir con vós estas delicias de:Almorzo, Comida, Cea, Merenda. Cociñamos a nosa receita en familia e preparámolas con ilusión para compartir con vós, os nosos compañeiros virtuais do colexio e Erasmus+.

Yago de 4ºB preparounos fresas con chocolate. Ingredientes: fresas, chocolate, noz picada, boliñas e fideos de chocolate.Exquisito Yago.

Elia de 4ºA preparounos xelado de laranxa. Riquísimo Elia. Animádevos a facelo na vosa casa. Pincha na foto para ver a receita completa

 

Aaron de 6ºC preparounos un batido de plátano e mazá. Fantástico Aarón.

 

Andrea de 5ºA preparounos unha ensalada e unha tortilla coas delicias da súa horta. Todo un menú saudable.
 
Izan de 6ºB e Nayara de 3ºB envíannos dúas receitas  deliciosas. Todo un menú saudable.

Noa 5ºA envíannos dúas receitas  deliciosas: Xudías con xamón e tomates recheos.

Aarón de 6ºC preparounos un bocata delicioso de atún, cenoria, millo, leituga, queixo e xamón cocido. Riquísimo Aarón. Animádevos a facelo na vosa casa. 

Sara de 3ºA preparounos una receta de exquisita de lasaña de verduras. Riquísimo Sara. Animádevos a facelo na vosa casa. 
Uxía de 6ºA envíannos dúas receitas  deliciosas da súa horta: ensalada de leituga e frambuesas con Iogur. Exquisitas.
Xenxo de 4ºA envíannos as delicias da súa horta: Berenxenas recheas. Riquísima.
 
 
Alba de 4ºB envíannos un fantástico Smothie de froitas e unha pasta con salsa china moi saudable. Exquisito.
 
César e Zoe  envíannos unha Crema de Cogombro que está deliciosa. Tedes que probar a facela e moi sinxela.
Shaila de 5ºB, envíanos a súa receita deliciosa. Tedes que probar a facela e moi sinxela.

Deporte en Familia Monte Aloia.

Parque Natural do Monte Aloia

Actividades no medio natural.

Rutas con encanto en familia.

Dado que finalmente o alumnado Erasmus+ de Figueira da Foz e de Torrevieja, non puideron visitar o noso colexio esta semana. Decidimos ensinarlles as rutas e lugares que ían visitar se viñeran. Así poderán virtualmente coñecer as nosas rutas con encanto. Os nenos e nenas do Ceip Nº2 de Tui, coas nosas familias, estamos a percorrer todos os lugares de Tui que son espazos que paga a pena visitar.

O Monte Aloia é un parque Natural situado en Tui, que é visita obrigatoria se decides pasar pola nosa cidade. Ten moitos recunchos con encanto, onde podemos coñecer a fauna e flora do noso entorno, ímosvolos ensinar:

Aarón de 6ºC achéganos ata a "O Monte Aloia", fai un percorrido por diversas partes do monte, que nesta época do ano está precioso e dende onde temos unhas vistas fantásticas.

Elia de 4ºA e Manuel de 1ºB ensínannos o Mirador da Cruz, o Mirador detrás da Capela e o restaurante do monte. Bo traballo.

Sara achéganos ata a "Cama de San Xiao", que nesta época do ano está precioso. Aproveitade para camiñar e facer deporte aquí, sempre respetando a natureza e a fauna e levando con vós as medidas de protección necesarias, tal como fixo Sara.


Lía achéganos ata a "Cima do Monte", que nesta época do ano está precioso e dende onde temos unhas vistas fantásticas.

Julián achéganos ata a "Cima do Monte", que nesta época do ano está precioso. Aproveitade para camiñar e facer deporte aquí, sempre respetando a natureza e a fauna e levando con vós as medidas de protección necesarias, tal como fixo Julián e a súa familia.

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

Se aproveitades para relaxarvos, respirar tranquilos, estaredes practicando Mindfulnes coma fixo Sara. Moitas grazas . Gran Traballo.

Silvia de 6ºB e a súa familia, lévannos ata o "Arboreto", un lugar máxico onde podedes sentir a paz da natureza.

 

Paula e Jaime ensínannos a Senda que leva ao Rego de Pedra, un lugar para sentir a natureza.

Alexandre de 6ºA, achéganos ata o "Alto dos Cubos", un antigo castro prerromano, que paga a pena ver.

 

Noemi de 3ºA, achéganos tamén ata o "Alto dos Cubos", un antigo castro prerromano, que paga a pena ver.

  

Mikel e Gorka, achégannos ata o "Alto dos Cubos", unha visita que fixeron coa súa familia e que paga a pena ver.

Diego de 6ºA, lévanos á Senda dos Muiños do Tripes, un lugar fantástico para pasear e pasalo ben, neste entorno natural paradisíaco. Grazas Diego.

Hugo de 5ºC, lévanos tamén á Senda dos Muiños do Tripes, un lugar fantástico para pasear e pasalo ben en familia, neste entorno natural paradisíaco. Grazas Hugo.
 
Noemi de 3ºA, lévanos tamén á Senda dos Muiños do Tripes, un lugar fantástico para pasear e pasalo ben en familia, neste entorno natural paradisíaco. Grazas Noemi.
Alejandro de 4ºA, lévanos tamén á Senda dos Muiños do Tripes, un lugar fantástico para pasear e pasalo ben en familia. Grazas Alejandro.
 
Na Senda dos Muiños do Tripes, tamén estivo a familia Docampo de Daniel e Javier, un lugar estupendo, para pasear e pasalo ben en familia. Grazas.

Camiño de Santiago Portugués Actividades no medio natural. Rutas con encanto en familia.

Camiño de Santiago Portugués

Actividades no medio natural.

Rutas con encanto en familia.

O Camiño de Santiago Portugués, é unha importante ruta  xacobea, que entra en Tui dende Valença pola vella ponte internacional. Nos últimos anos gañou moita afluencia de peregrinos que a pé, en bicicleta ou a cabalo fan o camiño para rematar en Santiago de Compostela. O alumnado de 3º do colexio percórrea cada ano ,dende a cidade ata a Ponte Romana. Ten moitos recunchos con encanto, moita fauna e flora digna de coñecer e pasalo ben, ímosvolos ensinar:

Andrea de 5ºA está no punto de partida do camiño, 116 Km, para chegar a Santiago, a distancia mínima para conseguir a Compostela.

Jorge de 6ºA fixo varios quilómetros, para mostrar as distancias e los puntos quilométricos. Se decidides facer o camiño esta será a vosa guía.

Alba vai ensinarnos o tramo dende Tui ata a Ponte Romana.

Izan de 6ºB e Nayara de 3ºB ensinan dende a Ponte das Febres ata Budiño.

Sara de 3ºA e a súa familia fixeron tres etapas do Camiño de Santiago, aquí no lo ensinan esperamos que vos guste e vos animedes a facelo.

Uxía de 6ºA ensínanos dende a Ponte das Febres ata Ribadelouro. Moitas grazas Uxi.

 

Senda da Pedra Santa. Actividades no medio natural. Rutas con encanto en familia.

Senda da Pedra Santa.

Actividades no medio natural.

Rutas con encanto en familia.

A senda da Pedra Santa é unha ruta circular de 9km aproximadamente. Podes facelo andando, pero moita xente se anima a facela en bicicleta. Vai dende a Ponte Romana en  Guillarei, seguindo o Camiño de Santiago ata a Ponte das Febres e volve pola Senda do Río Lagartón ata o punto de saída, pasando por moitas zonas de cultivos fascinantes. Ten moitos recunchos con encanto, con unha reserva importante de fauna e flora, ímosvolos ensinar:

Daniel e Javier Docampo coa súa familia ensínannos os paneis informativos que podedes atopar a carón da Ponte Romana e que fixeron a pé.

 

Daniela, Hugo e Brais coa súa familia ensínannos a Senda da Pedra Santa en bicicleta, unha ruta que lles encanta.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut