Skip to Content

Monthly archive

FLIC FLAC VIGO

 O Club Flic Flac de Vigo acada 15 medallas no Campionato de España de Ximnasia acrobática.

 O Club de ximnasia acrobática Flic Flac de Vigo, obtivo 15 medallas no campionato de España que tivo lugar en Guadalaxara o nas datas previas ao 18 de maio.

 69 Ximnastas estiveron no campionato, acompañados polo seu adestrador Jorge Méndez, dos cales case a metade subiron ao podium.

 A ximnasia acrobática que está conseguindo grandes éxitos grazas ao gran traballo que está a realizar este gran club.

 Se algunha persoa lle apetece prácticar este deporte, non dubidedes en contactar por whasapp ao teléfono: 698125731

 Ademáis podedes ver videos interesantes do clube nos seguintes enlaces.

 https://www.youtube.com/watch?v=df-WWlDuoUU

 https://www.youtube.com/watch?v=_YqwV302AGU

 Noraboa!

 

PARQUE PENA AVENTURA

Deporte de aventura en Familia

Pena aventura Portugal.

Da man do profe Mateo, mestre de música no colexio, e dos nenos do seu colexio de Fisterra, descubrimos o parque de aventura de Portugal  “Pena Aventura”.

El PENA AVENTURA PARK é un parque de actividades lúdicas e deportes de aventura na Ribeira da Pena, no distrito de Vila Real, na zona Norte de Portugal. É un parque para todas as idades, cunha gran variedade de actividades na natureza, coa tirolina máis grande de Europa.

Aquí vos deixamos a súa web por se é do seu interese:http://www.penaaventura.com.pt/

Eurocidade Urban Trail Night

Eurocidade Urban Trail Night.

Sábado 11 de Novembro de 2017

Eurocidade Valença- Tui

O pasado sábado día 11 de Novembro de 2017 tivo lugar a proba Eurocidade Urban Trail Night, a proba levouse  a cabo entre Valença e Tui, a partires das 20:00h.

 Dende o equipo de Deporte no 2, do Ceip Nº2 de Tui, participamos na proba de apoio como voluntarios, en resposta ao noso proxecto solidario de centro “ Coas nosas mans o teu sorriso”, aportando a nosa colaboración na organización da proba. @s @alumnos de 6º Lara, Alejandro, Pablo, Jessy, Jessica e Brais xunto coas profes Bea e Sara, foron os encargados do reparto do avituallamento na zona portuguesa de Valença, onde atenderon a demanda de máis de 300 participantes. Unha iniciativa deportiva,educativo e pedagóxia, que fixo que os nosos colaboradores recibirán unha felicitación por parte dos organizadores e participantes da proba.

Tamén valorar a labor colaboradora de Alex de 4ºB, que xunto coa súa familia, foron voluntarios da proba,colaborando no circuito nas rúas de Tui, unha iniciativa familiar, onde o espíritu de colaboración e axuda de maneira altruista é tan importante para levar a cabo e facer posible estas probas deportivas.

Unha proba moi atractiva para disfrutar participando, colaborando ou animando en familia

Moitas gracias a todos por facer posibles actividades coma estas.

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 18 de Xaneiro contra o Porriño. Os parciais foron de 3-15//3-13//7-8//9-13 a favor do equipo tudense no que xogan vari@s alumn@s do noso cole. Felicitar o traballo de este pequeno gran equipo que  ademáis de gañar mellorou moitísimo no seu xogo.

Información facilitada pola familia de Uxia Soliño de 3ºA. Moitas gracias

FÚTBOL SALCEDA

Salceda Futbol.

O equipo Alevín do Salceda xogou esta fin de semana do 4 de Febreiro contra o equipo da Guía guardesa. O resultado final foi Salceda 5- A Guía 1. Noraboa equipo!

Información facilitada por Pablo Pérez  de 5ºC. Moitas gracias

CLUBE DE PATINAXE RIBEX

O club de patinaxe Ribex Tui

7º no campionato de España de patinaxe.

 O Club de patinaxe Ribex Tui, 7º no campeonato de España de patinaxe, celebrado a pasada fin de semana do 5 de Marzo de 2017 na categoría Show.

Este posto permitiralle ao equipo tudense particiapar no Campionato de Europa que terá lugar o vindeiro mes de xuño en Italia.

Noraboa a todo o equipo.

 

INDIANA BILL

E POR FIN CHEGOU O DÍA NO QUE FOMOS A INDIANA BILL

OUTRO ANO MÁIS PASÁMOLO XENIAL TIRÁNDONOS POLOS TOBOGÁNS, SALTANDO, RINDO, PASEANDO ENTRE OS LABERINTOS... PERO SEN DÚBIDA UNHA DAS COUSAS QUE MÁIS NOS GUSTAN É QUE AS PROFES SE UNAN A NÓS Sorriso.

 

 

 

 

DINAMIZACIÓN INTERCENTROS

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Pazos de Tui

Curso 16-17

venres día 26 de maio de 2017

 

O pasado, venres  26 de maio de 2017, tivo lugar no pavillón vello de Tui a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Pazos de Reis. Na que participanron os alumn@s de 6ºA e 4ºA,

Aquí vos deixamos algunhas fotos do ben que o pasamos e do que disfrutamos durante a mañá.

SEGUNDO DÍA DE SORPRESAS

SEGUNDO DÍA DE SORPRESAS

 

Ao  día seguinte atopamos a caixa sobre a mesa, cunha mensaxe que dicía “Os  dejo otra pista ”.

Abrimos a caixa e había un paquete de pipas, como todos, ou case todos coñecíamos a un pintor moi relacionado coas pipas, ou máis ben, con xirasoles, pensamos  que teríamos que investigar de novo sobre   Van Gogh,  pero  non o tiñamos moi claro.

Sorprendentemente, ese mesmo día ao voltar do patio, atopamos a caixa chea de cousas, pero, o máis curioso era que ninguén mirara a Lúa  polo cole.

A caixa tiña 3 fotos, unha de Van Gogh e outros dous señores que non coñecemos, había uns cadros de bodegóns e unha orella.

Un dos cadros tiña algo escrito por detrás que falaba de un tal Paul  Cézanne, fomos a internet e descubrimos que é un pintor.

Alguén suxeriu que seguramente algo teñen en común estes tres personaxes, que deben ser pintores os tres.

 

  pintores, pero… ¿qué nos  querrá  decir  la  persoa  misteriosa  que nos  deixa  estas  pistas?.

Decidimos  investigar  na  casa  coas  nosas familias  mentres  esperamos  por  outra pista  máis  decisiva.

 

 

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xorgar a temporada

17/18. O pasado 25 de Novembre os nosos deportistas xogaron esta fin de

semana contra o equipo do Novas. Neste equipo xogan e disfrutan do

balonmán Uxía, Silvia e Lía

 Os parciais foron: C.B.Tui- Novás: 10-9/7-9/2-6/7-7

 Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias



by Dr. Radut