Skip to Content

Monthly archive

XORNADA DE PROMOCIÓN DE BÁDMINTON

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 16-17

 O vindeiro sábado 25 de marzo terá lugar unha Xornada de  Promoción de Badminton,  para os nenos e nenas de 1º a 6º de Educación Primaria. Dita xornada será no Ies San Paio de Tui de 10:00h a 14:00h, poderán xogar na mesma todos os nenos e nenas que o desexen. Esta xornada está organizada polo Club Bádminton Tui e todos @s nen@s que queirades participar teredes que chamar ao teléfono: 649901305 ( Marisa)

1ª XORNADA DE TENIS DE MESA

Tenis de Mesa 16-17.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 5 de Abril de 2017

O pasado,  Mércores día 5 de Abril,  tivo lugar a 1ª Xornada da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente campaña Deportiva 16-17 no Pavillón de Sobrada. Aquí vos deixamos as fotos da xornada, na que participamos moitos nenos e nenas do cole.

 

 

 

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 27 de maio contra o equipo de Salceda.

Os parciais foron: C.B.Tui- Salceda: 9-5/8-8/3-5/11-8

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias

PROMOCIÓN DE NATACIÓN

PROMOCIÓN DE NATACIÓN

  O pasado Mércores 20 de setembro de 2017, tivemos a visita de Juanjo España. Juanjo é monitor de natación nas piscinas de Valença e de Monçao. El explicounos con moito detalle o importante que é aprender a nadar, tan importante coma andar e correr, sobre todo tendo ao Río Miño aquí tan pertiño. Moitisimas grazas Juanjo por contarnos cousas tan interesantes.

 

     
     
     
   

 

 

CAMPIONATO DO MUNDO DE BALONMÁN FEMININO

Campionato do Mundo de Balonmán Feminino

 

Dende a semana pasada estase a levar a cabo en Alemaña o Campionato do Mundo de Balonmán Feminino, do 1 ao 17 de  decembro de 2017.

Un total de 24 Seleccións nacionais compiten por facerse co título de Campiona do Mundo.

 

A Selección Española Feminina, está a competir tamén, a primeira fase fixoa no grupo A. Podedes seguir o campionato a través de teledeporte o na web: https://es.wikipedia.org/wiki/Campeonato_Mundial_de_Balonmano_Femenino_de_2017

 

XORNADAS DE BÁDMINTON

 

Competición de Bádminton

Curso 16-17

O Vindeiro martes día 17 de Xaneiro dará comezo a competición escolar de Bádminton, como comprobaredes no calendario será os Martes pola tarde, nas instalacións do Pavillón do Ceip de Randufe. Serán Martes alternos, comezaremos coa categoría alevín o Martes 17 e o Martes 24 será o turno dos Benxamíns e dos Infantís.

Aquí vos deixamos o calendario e as follas de inscripción para que vos animedes a participar, cantos máis sexamos, mellor.

Folla de inscripción, categoría benxamín: aqui

Folla de inscripción, categoría alevín: aqui

 

RUTAS GUIADAS POLO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Rutas guiadas ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.

A Xunta ofrece 12 novas rutas guiadas entre febreiro e abril para coñecer o parque nacional das Illas atlánticas.

·         As 12 rutas dos próximos tres meses chegarán aos catro arquipélagos e a primeira delas realizarase o vindeiro sábado 18 de febreiro á illa de Ons

·         prazo de inscrición para estas actividades comeza o mércores 1 de febreiro e estará aberto ata catro días antes da realización do percorrido

·         A actividade guiada polo parque será de balde para os participantes, que deberán asumir o custe do desprazamento ata o porto de saída e ata o arquipélag

Haberá rutas diferenciadas para adultos e menores, que poderán achegarse aos valores do espazo natural mediante actividades lúdico-didácticas

http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/3189/xunta-ofrece-12-novas-rutas-guiadas-entre-febreiro-abril-para-conecer-parque

XORNADAS DE PRIMEIROS AUXILIOS NO COLE

Primeiros Auxilios na Escola

Laura González Yagüe

Este mes de marzo, os nenos e nenas de Educación primaria do Ceip Nº2 de Tui, aprendemos a importancia dos Primeiros auxilios, coa axuda de Laura González Yagüe, mamá de Noa e Andrea De la Calle González. Laura é enfermeira e preparounos moita información de como debemos actuar ante calquera tipo de accidente. Explicounos a importancia de protexer e protexernos ante calquera situación de risco, como avisar e como actuar.

Sabemos a partires de hoxe que o número de teléfono de emerxencias 112, teremos que úsalo en caso de necesidade e dende alí, axudarannos en todo o que precisemos.

Tamén nos falou de saber manter a calma, algo moi importante nestes casos, de como limpar unha ferida, como actuar cunha picadura de insecto, que facer ante unha queimadura, e sobre todo, insistiu moito na importancia do soporte vital básico e a RCP…

Moitísimas gracias Laura!!!

Se queredes ver a presentación que trouxo Laura preme aqui

CASTRO LABOREIRO- PORTUGAL

Castro Laboreiro Portugal.

Lucía Méndez, Hugo Méndez e a súa familia, aproveitaron a neve da pasada de fin de semana do 26 de Marzo de 2017, para achegarse a Castro Laboreiro, moi preto da Peneda Guerés en Portugal. Alí disfrutaron moito da neve e do Castelo.

Unha proposta de deporte en familia, que podedes disfrutar cando volva nevar e faga moito frío na zona.

Moitas gracias!

CLAUSURA ESCOLAS DEPORTIVAS DE PATINAXE TUI

Clausura Escolas Deportivas de Patinaxe de Tui

No novo pavillón celebrarase o vindeiro domingo 21 de maio a clausura das escolas de patinaxe da Diputación de Pontevedra de toda a provincia, reunindo a máis de 1200 patinadores.



by Dr. Radut