Skip to Content

Monthly archive

O JUGGER UN DEPORTE NOVIDOSO EN GALICIA

O Jugger é un deporte que comeza a practicarse en Galicia a partires de 2010.

O Jugger é un deporte inspirado na película "La Sangre de los Héroes" (The Blood of Heroes, 1989), onde os xogadores intentan gañar e ter mellor calidade de vida loitando no campo de xogo…ainda que poderían perder a súa vida no intento.  Usaban calaveras de can como balón de xogo e os xogadores eran considerados coma héroes no lugar onde se proclaman campións.
 • Título: The Blood of Heroes
• Año: 1989
• Género: Ciencia Ficción, Acción
• Director: David Webb Peoples
• Actores: Rutger Hauer, Joan Chen,  

Como deporte o Jugger comezou a practicarse a comezos dos anos 90 en Alemaña. O primeiro partido que se xogou foi no ano 1993 nun evento de rol en vivo.
​No ano 2007 a "Asociación de Jugger" (Jugger e.v.) logrou que o Jugger fose considerado deporte oficialmente.

Ainda que onde máis se práctica é en Alemaña, hoxe en día tamén se xoga en Irlanda, España, Dinamarca, Reino Unido, Polonia, Italia, Australia, Estados Unidos y Costa Rica.

En España xogouse o primeiro Open Valenciano en 2009, posteriormente tamén comezaría a xogarse en Zaragoza, Madrid…

A Galicia o Jugger chegou a finais de 2010 grazas a Asociación Xuvenil Draco (A Coruña), que celebrou a primeira xornada de este deporte na cidade deportiva de Riazor.

O pasado Domingo 29 de Xaneiro de 2017, tivo lugar en Salvaterra de Miño o I torneo Irmandiño de Jugger.

O Jugger é un deporte de contacto brando, unha mezcla entre softcombat e rugby, onde a axilidade, a coordinación e a estratexia de equipo son imprescindibles.

Participan dous equipo. Cada un terá 8 xogadores: 5 xogadores de campo e 3 suplentes. Dos 5 xogadores 4 serán loitadores ( armados) e 1 será corredor ( desarmado) , este será o encargado de levar o balón ( chamado calaveira).​

O obxetivo é marcar puntos na base rival. Cada equipo terá que cubrir ao seu corredor, derrotando aos loitadores rivais e así facilitando que os seus corredores fagan punto.

Deixamosvos máis información de este deporte en: http://juggergalicia.wixsite.com/asociacion/los-origenes

EQUIPO BENXAMÍN A DO TYDE

 

O Equipo Benxamín A Tyde F.C. xoga a liga federada da tempada 16-17.

O equipo Benxamín A do Tyde F.C., xoga a liga federada da Temporada 16-17. O partido da pasada fin de semana, 18 de febreiro de 2017, foi o seguinte, con estes resultados:

Tyde Benxamín A F.C. – Ponteareas Resultado 4-1

Neste equipo do Tyde xogan varios alumnos do Ceip Número 2 de Tui; Manuel, Pedro, Iker, Raúl, Gonzalo, etc... Os nosos parabéns a todos os xogadores.

Información facilitada polos alumnos de 4ºB.



 

CARREIRA DE SAN TELMO 2017

Carreira Popular de San Telmo 17

Dom 23 de Abril 2017 ( Tui )

 

        O Vindeiro Domingo de San Telmo, día 23 de Abril de 2017  apartires das 10:30h, vai ter lugar a Carreira Popular de San Telmo 2017.  Dita xornada está destinada os/as nenos/as  e adultos e adultas que queiran participar. Esta proba está organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia en colaboración co Concello de Tui, e gustaríamos contar con un gran número de participantes, xa que é aquí en Tui. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta notiña asinada antes do vindeiro Venres día 7 de Abril. Xa que a vindeira semana enviarémosvos as notas co horario, despois ímonos de vacacións e quedaremos para o día da proba.

Podedes descargar a autorización premendo aqui

EUROCIDADE

 6ª Eurocidade

11 Xuño 2017

Tui-Valença

O vindeiro domingo 11 de xuño chega a VI Eurocidade 17, organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia e a Eurocidade Tui-Valença, que se disputará na eurocidade Tui-Valença.

A saída será da antiga aduana portuguesa ás 11:00h cun percorrido de 10km de carreira a pé.

Poderán atopar máis información en Club Atletismo Tui https://clubatletismotui.wordpress.com/eurocidade10/

 

PIRAGÜISMO COS NENOS E NENAS DE 4º

O pasado martes 20 de Xuño o alumnado de 4º fomos ao clube de piragüismo de Tui a una xornada de promoción deste deporte.

Ao chegar ensináronnos as instalación e tódolos trofeos que gañou ata o momento este clube.

Despois demos una volta polo río Miño en pirauga, pasámolo xenial desfrutando do deporte, da diversión e da natureza.

Foi un gran día!!!!!!

EQUIPO INFANTIL FEMININO A QUINTA FUTBOL-SALA TUI

 EQUIPO INFANTIL FEMININO A QUINTA FUTBOL-SALA TUI

O equipo Infantil do Club A Quinta Futbol-sala Tui, debutou o pasado sábado 21 de outubro en Moaña, convertíndose no primeiro equipo feminino de fútbol sala de deporte base da nosa zona. Neste equipo xoga e disfruta do futbol-sala a alumna de 5ºA Claudia. Aquí vos deixamos una foto do que disfruta e pode dar de sí este equipo.

Información facilitada pola familia de Claudia de 5ºA. Moitas gracias

1ª Xornada de Bádminton Benxamín e Infantil

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 16-17

1ª Xornada de Bádminton

Benxamín e Infantil

O vindeiro Martes 24 de Xaneiro dará  comenzo a competición escolar de Badminton, a 1ª xornada da categoría Benxamín  ( 3º e 4º) e Infantil ( repetidores de 6º)  no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:30h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:45h.. Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiverades e chandal do mesmo. Os nenos que vaiades a Randufe directamente tedes que estar alí ás 16:45h. Se tedes algunha dúbida podedes chamar ao teléfono: 650602161.

TEATRILLO

MENUDA SORPRESA MÁIS DIVERTIDA NOS DERON A INDIA TALLULAH, O PIRATA CARAPEO E CAMPANILLA.

VIÑERON AO COLE E XUNTARON A TÓDOLOS NENOS DE INFANTIL, PARA REPRESENTARNOS UNHA DIVERTIDA AVENTURA.

A CARAPEO GUSTÁBALLE MOITO XOGAR A PERSEGUIR INDIOS, PERO GRAZAS A AXUDA DE CAMPANILLA E DE TÓDOLOS NENOS, PUIDEMOS AXUDAR A TALLULAH. DESPOIS VEU PARA AS AULAS DE 4 ANOS PARA ENSINARNOS UNHA CANCIÓN INDIA, E COÑECER OS NOSOS NOMES INDIOS.

CARAPEO FOI PARA AS AULAS DE 5 ANOS CUN COFRE CUN MONTÓN DE UTENSILIOS PIRATAS, E LEULLES UN XURAMENTO.

CAMPANILLA POLA CONTRA FOI VISITAR AS AULAS DE 3 ANOS E A COÑECER TODO O QUE FIXERON E INVESTIGARON SOBRE AS FADAS.

 

QUE BEN O PASAMOS!!

 

 

 

 

1º COPA DE ESPAÑA DE SLALOM OLÍMPICO

1º COPA DE ESPAÑA DE SLALOM OLÍMPICO

Mondariz 4 de Marzo de 2017.

Esta fin de semana do 4 de marzo de 2017, tivo lugar en Mondariz, a 1ª Copa de España de Slalom Olímpico, proba na que estivo presente a actual campiona olímpica de río de Xaneiro dos recentes xogos olímpicos.

O Club Penedo de Caldelas, obtivo un 5º posto, sendo o primeiro equipo galego, e onde Galicia acadou 7 medaias.

A nosa noraboa a todos os participantes, en especial aos do Clube do Penedo de Caldelas.

Atoparedes información detallada en: http://www.fegapi.org/web/2016/?p=3013

PROMOCIÓN DE LOITA

 

Promoción de Loita

4º de Educación Primaria

Ceip Nº2 de Tui

 

Os pasados luns 10 e mércores 12 de Abril tivo lugar, para @s nen@s de 4º de Educación primaria, unha xornada de Promoción de Loita galega.

  • O Luns 10 levouse a cabo no ximnasio do cole, a xornada de promoción onde participaron, todos os alumnos de 4º.

  • O Mércores 12 tivo lugar a xornada de competición, nas instalacións do Pavillón vello de Tui, onde participaron ademáis os alumnos de 4º do Ceip Rebordáns.

Esta actividade organizada polo Servizo de Deportes da Provincia de Pontevedra, en coordinación coa Agrupación deportiva de deporte base do Baixo Miño, foi unha experiencia piloto, para motivar aos nosos alumnos, e darlles a posibilidade de competir nesta modalidade deportiva en campañas vindeiras.

Aquí vos deixamos algunhas fotos dos mellores momentos.



by Dr. Radut