Skip to Content

Monthly archive

HORARIO CARREIRA DE SAN TELMO 2017

Carreira Popular de San Telmo 17.

Dom 23 de Abril 2017 (Tui )

O Vindeiro Domingo de San Telmo, día 23 de Abril pola mañá, vai ter lugar a Carreira de San Telmo 2017, na Corredeira de Tui. Dita xornada está destinada os/as nenos/as inscritos. Recordade que estamos de vacacións.

Categorías: Xuveníl  ( 5000m  nacidos 00/01 ás 11:00h), Senior ( 5000m  nacidos 82/99 ás 11:00h), Veteráns A e B ( 5000 m nacidos antes do ano 81, Cadetes e Infantil ( 2500 m nacidos 02/03/04/05 ás 12:00h), Alevíns (700 m nacidos 2006/2007 ás 12:15h), Benxamíns ( 350 m nacidos nos anos 2008/2009 ás 12:30h), Prebenxamín (  175 m nacidos 2010/2011 ás 12:45h), Pitufos ( 100m nacidos nos anos 12/13/14 ás 13:00h).

Todos os participantes terán que estar alí 15 minutos antes da súa proba para que lle deamos o dorsal. 

Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón se  a  tiveran senon traerán camiseta branca), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

O Club Atletismo realizará a tradicional OPERACIÓN KILO na que os participantes intercambiarán un kilo de un alimento non perecedeiro polo seu dorsal. Ditos alimentos serán entregados a unha ONG.

                ¡¡¡IMPORTANTE!!! Podedes atopar máis información da proba na páx web na web do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar e  www. Atletismotui.com. 

II CAMPUS DE FÚTBOL SALA TOÑIN MARTIN

II Campus de Fútbol Sala Toñín Martín celebrarase en Tui do 3 ao 14 de xullo 2017

Os clubes deportivos tudenses de fútbol sala, A Quinta de Tui Fútbol Sala, Club Deportivo Tui Fútbol Sala e Club Randufe Futsal, baixo a coordinación do ex-xogador da selección española de fútbol sala, Antonio “Toñín” Martín, e coa colaboración do Concello de Tui, organizarán no mes de xullo, o II Campus de Fútbol Sala Toñín Martín. No mesmo agárdase duplicar a participación do ano pasado, cun máximo de 60 inscritos.

O Campus, que se realizará no pavillón do IES de San Paio, de luns a venres, de 10.00 a 13.30 horas, contará con adestramentos da man de monitores especializados, así como doutras actividades parelelas, como rafting, visitas turísticas, actividades na piscina municipal, adestramentos con xogadores da primeira división nacional, así como unha xornada de convivencia cos pais e nais.

Terá un prezo de 60€ e as inscricións poden facerse a través do enderezo electrónico campusfstui@gmail.com, podendo solicitar máis información a través do teléfono 690 05 85 79.

 

BAYBLADE: UN XOGUETE PARA O NOSO PATIO

Bayblade: un xoguete para o noso recreo.

Estes días, a mediados do mes de novembro, percatámonos de que un xoguete novo e moderno chegou ao noso patio: os Bayblades, uns trompos ultramodernos que fan as delicias dos máis pequenos.

 

 

 

1ª XORNADA DE BÁDMINTON BENXAMÍN

O pasado Martes 24 de Xaneiro tivo lugar a 1ª xornada da competición escolar de Bádminton,  na  categoría Benxamín  ( 3º e 4º) e Infantil ( repetidores de 6º)  no Pavillón do Ceip Randufe. Foi unha tarde na que xogamos moitos partidos e fixemos moitos amigos. Aquí vos deixamos mostra do ben que o pasamos.

Nesta xornada acompañounos o profe Marcos, darlle as gracias pola súa axuda e polo seu bo facer.

 

CAMPO A TRAVÉS 2016-2017

 

Campo a Través Provincial 16-17.

Circuito Loureiro-Camiño da Verdella- San Miguel de Oia ( Vigo)

Domingo 12 de Febreiro 17

O Vpasado Domingo día 12 de Febreiro tivo lugar a proba de Campo a Través Provincial da presente campaña Deportiva, no Circuito de Loureiro- Camiño da Verdella en San Miguel de Oia en Vigo. Do noso colexio participou o equipo Alevín Feminino e Benxamín Masculino. Foi unha mañán fría e con moita choiva, con un circuito moi asequible e moi vistoso. Felicitar aos nosos participantes, que como veredes fixérono moi ben.

Podedes ver os resultados premendo aqui

XORNADA DE PROMOCIÓN DE BÁDMINTON

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 16-17

 O vindeiro sábado 25 de marzo terá lugar unha Xornada de  Promoción de Badminton,  para os nenos e nenas de 1º a 6º de Educación Primaria. Dita xornada será no Ies San Paio de Tui de 10:00h a 14:00h, poderán xogar na mesma todos os nenos e nenas que o desexen. Esta xornada está organizada polo Club Bádminton Tui e todos @s nen@s que queirades participar teredes que chamar ao teléfono: 649901305 ( Marisa)

1ª XORNADA DE TENIS DE MESA

Tenis de Mesa 16-17.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 5 de Abril de 2017

O pasado,  Mércores día 5 de Abril,  tivo lugar a 1ª Xornada da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente campaña Deportiva 16-17 no Pavillón de Sobrada. Aquí vos deixamos as fotos da xornada, na que participamos moitos nenos e nenas do cole.

 

 

 

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 27 de maio contra o equipo de Salceda.

Os parciais foron: C.B.Tui- Salceda: 9-5/8-8/3-5/11-8

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias

PROMOCIÓN DE NATACIÓN

PROMOCIÓN DE NATACIÓN

  O pasado Mércores 20 de setembro de 2017, tivemos a visita de Juanjo España. Juanjo é monitor de natación nas piscinas de Valença e de Monçao. El explicounos con moito detalle o importante que é aprender a nadar, tan importante coma andar e correr, sobre todo tendo ao Río Miño aquí tan pertiño. Moitisimas grazas Juanjo por contarnos cousas tan interesantes.

 

     
     
     
   

 

 



by Dr. Radut