Iniciar sesión: Acceso

Actividades do centro, Educación Física, Infantil, Primaria, Educación Musical, The English Corner

Reconquistiña 2022

Deíxamosvos por aquí a ruta definitiva aproximada da Reconquistiña! 
Por mor das obras sairemos da explanada da Laxe e iremos ata a Praza de Compostela (Alameda), onde cantarán @s peques! 
Dende alí, voltaremos ata a Praza do Berbés onde merendarán e desfrutarán dun concerto.
Recordade que se queredes acompañarnos na comitiva ten que ser caracterizados de época!! 

PERCORRIDO IDA:

Ruta de Ida Reconquistiña 2022

 

PERCORRIDO VOLTA:

 

11F

Xa no blog de Libroreta as actividades que se fixeron no Sello polo Día da muller e da nena na ciencia.

Clicade rápido na imaxe!!!

A banda de Cabral dános a benvida ao curso 2021/2022

 

O xoves 23 de setembro recibimos a visita da banda de Cabral. 

Todos/as xuntos/as, no patio, (respectando as medidas de seguridade) estivemos gozando da fermosa actuación, cantando e bailando as cancións. 

Foi un día moi especial! Moitas grazas á banda de Cabral! 

Por certo, mirade o ben que saímos na foto! Sorriso

Gañadora concurso Dinoseto xoia 2019

A nosa alumna Taíxa Da Cunha Da Silva resultou gañadora na súa categoría do concurso Dinoseto Xoia organizado pola Escola de Xoiería. Ademais dun diploma acreditativo, recibiu como regalo o seu deseño en formato xoia. Parabéns!!!!!

 

Plan Proxecta 19-20

Este cuso participamos no Plan Proxecta e realizamos diferentes actividades:

  •  "O Sabor da Aventura está no mar"

Realizamos un obradoiro no centro no que o noso alumnado aprendeu moito dunha maneira divertidísima!. Tamén fixemos unha visita ao mercado de Bueu, na que os nenos asistiron a poxa de peixe, aprenderon sobre a arte da pesca e por suposto degustaron alimentos do mar.

  •  “Ponlle as pilas ao teu bocata”.

Ademais de pasalo xenial, aprenderon a facer bocatas  con distintos produtos saudables como leituga, atún ou tomate.

Premede aquí para ver fotos das actividades.

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: