Iniciar sesión: Acceso

Curso 2018/2019

Curso 2018/2019

Festival Fin de Curso 18-19

Por fin chegou a despedida do Curso 18-19!!!!!!!!

Esperamos que gocedes do vídeo e veñades con forza no vindeiro curso!!!!!

 

Gañadora concurso Dinoseto xoia 2019

A nosa alumna Taíxa Da Cunha Da Silva resultou gañadora na súa categoría do concurso Dinoseto Xoia organizado pola Escola de Xoiería. Ademais dun diploma acreditativo, recibiu como regalo o seu deseño en formato xoia. Parabéns!!!!!

 

Festa dos Maios

Un ano más celebramos a exaltación da natureza bailando e cantando ao redor do noso maio e coma sempre as coplas fixéronse con moito amor.

Infantil
Infantil quérote moito
e queremos festexar    
a nosa terra é moi linda
e querémola coidar.
Infantil quérote moito
e queremos festexar
a nosa terra é moi linda     
e querémola coidar.
Con cores con moitas cores        
o maio ven axiña
desperezando as sementes
durmidas baixo as campiñas.
De cores moitas cores
amanece na foresta
vestindo todas as flores
para poder irse de festa
Na nosa horta plantamos        
menta, albahaca e melisa
que nos dan moitos aromas
traidos por dona brisa.
Gracias Jose pola axuda,
por tanto nos ensinar,
desde a teimuda ruda,

ata os misterios do grelar.

O aire fresco do mar
o aroma do sal
na rocha voume sentar
a pensar e a soñar.
O río sempre movendo,
a auga que vai correndo
peixiños que van crecendo
cos suspiros do vento.
Queremos un mar sen plásticos
ver os peixes nadar
os barcos navegando
sen petróleo no mar.
Se queredes disfrutar
coida ben o noso mar
os oceános sen lixo
e as focas respetar.
O noso grupo de quinto
queremosvos explicar
o valor da reciclaxe
xa imos comezar!
Superfauna e superflora
teñen que ser mais queridas
so que Dora a Exploradora
sempre pensa en pesticidas.
 6º
 Coro
 
Nos queremos reciclar
plástico reutilizar
e facemos instrumentos,
creo isto e a tocar!
mirando a natureza
Observamos a beleza
retiramos refugallos
e celebramos os maios.
A terra nosa naiciña
queremola agarimar
cantándolle estas copliñas
miña terra, noso lar!
 

 

Entroido 2019

Outro ano mais celebramos o entroido cun paseo polas rúas de Cabral, seguido dun baile todos xuntos e, para terminar, a tradicional degustación de produtos tradicionais destas datas (orellas, filloas, rosquillas,...)

Premede AQUÍ para ver as fotos.

 

Día da paz

A celebración do Día da Paz 2019, estivo chea de numerosos actos: a entrega do Nobel da Paz aos alumnos escollidos polos compañeiros, a presentación dos mediadores, a lectura do manifesto elaborado polos alumnos de 6º e por último cantamos a canción "Temos que coidar a natureza". Mais abaixo compartimos o manifesto e o vídeo para que vexades o ben que o pasamos.

Manifesto

Nós, estudantes, profesorado e conxunto de persoas da comunidade educativa, preocupadas pola persistencia de conflitos e a proliferación da violencia, de condutas de intolerancia nas nosas sociedades e en diversas partes do mundo, existencia de terrorismo e guerra, incremento de situacións de acoso escolar, ameazas, abusos, actos e condutas denigrantes, agresivas e violentas na sociedade e actualmente en internet e redes sociais, preocupadas pola extensión de intolerancia a persoas diferentes, con comportamentos de discriminación, odio, violencia de xénero...e tristemente un largo etc.

Recoñecendo que a paz non é so a ausencia de conflitos se non un respecto a vida, unha promoción do diálogo, cooperación e en especial unha educación para a tolerancia e a paz. O respecto a dignidade da persoa e a loita polos dereitos humanos. O respecto a igualdade de dereitos de homes e mulleres, dereito de liberdade de expresión, opinión e información, respecto a solidariedade e desenvolvemento da persoa, protección do medio ambiente para esta xeración e para as futuras... por todas estas razóns hoxe celebramos no CEIP O Sello O DÍA DA PAZ.

 

 

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: