Iniciar sesión: Acceso

Día da Paz

DÍA DA PAZ 2024

Día da paz

A celebración do Día da Paz 2019, estivo chea de numerosos actos: a entrega do Nobel da Paz aos alumnos escollidos polos compañeiros, a presentación dos mediadores, a lectura do manifesto elaborado polos alumnos de 6º e por último cantamos a canción "Temos que coidar a natureza". Mais abaixo compartimos o manifesto e o vídeo para que vexades o ben que o pasamos.

Manifesto

Nós, estudantes, profesorado e conxunto de persoas da comunidade educativa, preocupadas pola persistencia de conflitos e a proliferación da violencia, de condutas de intolerancia nas nosas sociedades e en diversas partes do mundo, existencia de terrorismo e guerra, incremento de situacións de acoso escolar, ameazas, abusos, actos e condutas denigrantes, agresivas e violentas na sociedade e actualmente en internet e redes sociais, preocupadas pola extensión de intolerancia a persoas diferentes, con comportamentos de discriminación, odio, violencia de xénero...e tristemente un largo etc.

Recoñecendo que a paz non é so a ausencia de conflitos se non un respecto a vida, unha promoción do diálogo, cooperación e en especial unha educación para a tolerancia e a paz. O respecto a dignidade da persoa e a loita polos dereitos humanos. O respecto a igualdade de dereitos de homes e mulleres, dereito de liberdade de expresión, opinión e información, respecto a solidariedade e desenvolvemento da persoa, protección do medio ambiente para esta xeración e para as futuras... por todas estas razóns hoxe celebramos no CEIP O Sello O DÍA DA PAZ.

 

 

Día da paz

Como cada 30 de xaneiro, celebramos o día escolar da non violencia e da paz, e nesta ocasión fixémolo a través dunha canción optimista que contaxia as gañas de superar os obstáculos atopados no camiño e de gozar da vida. Coa escenificación desta canción, "SEGUIREMOS" de Macaco, proxectamos a mellor versión de nós mesmos comprometéndonos a EMPEZAR, SEGUIR, BUSCAR, SOÑAR ... e en definitiva, VIVIR!

Paz 2016

Comezamos a celebración do Día da Paz cun manifesto que os alumnos/as de 6º E.P. elaboraron relacionado co proxecto anual do cole e sen esquecerse de mencionar o actual  conflito da Guerra de Siria. Ademais gozamos da música en directo coa danza africana “Zimbolé” e a canción “Só lle pido a Deus” acompañados polo especialista de E. Musical coa guitarra. E, xa para rematar, cantamos e interpretamos a canción "Tú enemigo" de Pablo López e Juanes. Durante toda a semana da Paz os alumnos/as maiores foron os encargados/as de ensinarlle ao resto do alumnado do centro a coreografía. 
O punto final a esta conmemoración, púxose co mural que compuxemos entre todos/as coas nosas mans coas bandeiras dos 5 continentes formando a palabra PAZ.

Día da Paz 2015

O 30 de xaneiro realizamos no centro diversas actividades encamiñadas a conmemorar o Día da Paz e non violencia, tendo presentes que a Paz non é "cousa" dun só día xa que debe estar presente nas nosas actuacións ao longo de todo o ano.

No seguinte video podedes observar aos verdadeiros protagonistas desta conmemoración.

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: