Iniciar sesión: Acceso

Actividades na biblio

Semana do Libro

A semana do 18 ao 22 do mes de abril celebramos a Semana do Libro no noso cole con diferentes actividades. "Os luns ao sol" é unha actividade que levamos a cabo tódolos luns dende hai meses na que, se o tempo o permite, o alumnado de 5º e 6º de E. P. le ao alumndo de E. I. no patio escolar xunto ao resto de niveis. Ademais, como cada mércores, fixemos o "Apadriñamento lector" no que os maiores len ou representan un conto aos máis cativos. Ao rematar a semana chegou o turno dos mestres que leron contos en diferentes linguas: galego, castelán, inglés, francés e italiano. Ademais, resolvemos a pregunta do concurso "Elemental, Querida Libroreta" e foi Noa Costas Estévez de 5º de E.P. a gañadora deste concurso. Noraboa Noa!!!

Salón do Libro

Este ano o Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra abriu as portas da súa XVII edición baixo o lema "Canta bichería!". Ata alí achegámonos a meirande do alumnado do noso centro para aprender moitas curiosidades sobre moi distintos tipos de animais (salvaxes, domésticos, acuáticos, polares, insectos...) e gozar desta divertida experiencia!

Teatro "Los Tres Famosos pececillos"

      Despois dos problemas de son que tivemos no Nadal, o fabuloso grupo artístico de 2º de primaria retomou a súa obra e saíu a escena. Fíxoo na nosa biblioteca, no espazo "Divertivenres". Actuaron moi ben e o público quedou abraiado.

Día da Poesía

O pasado 21 de marzo celebramos na Biblioteca o Día da Poesía. Cada clase leu o poema que traballara na clase a tódolos seus compañeiros, e así gozamos dunha boa experiencia poética todos xuntos.

 

Conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro

O 24 de febreiro conmemoramos o nacemento dunha grande da literatura galega, Rosalía de Castro. Unha muller cun avanzado pensamento político e social ("Follas novas", "El caballero de las botas azules") e cunha posición crítica e feminista ("Las literatas") que fixo que os rapaces de 6º fixeran a súa propia versión de Rosalía.

Aquí vos deixamos o remate final do traballo que realizaron: investigaron, recompilaron, escoitaron, versionaron e finalmente debuxaron.

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: