Iniciar sesión: Acceso

Curso 2022-2023

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 23-24

Publicada a convocatoria que regula as solicitudes para o curso 2023-24 do:

  • Fondo solidario de libros de texto (alumnado de 3º e 4º de EP).
  • Axudas para adquirir libros de texto (alumnado de 1º e 2º de EP).
  • Axudas para material escolar (alumnado de EP).

 PRAZO DE SOLICITUDE:

Do 20/5/2023 ao 21/6/2023, incluídos.

MODALIDADE DE PRESENTACIÓN:

  • Presencialmente no centro educativo.
  • Vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) na sede da Xunta de Galicia.

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

  • Anexo I e II.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente.

De ser o caso:

  • En caso de separación ou divorcio, deberá achegarse a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Certificado discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia.
  • Outros.

 

FESTA DOS MAIOS

Deixamos un resumo da Festa dos Maios que vivimos no Sello e as coplas que compuxemos nos obradoiros de Lingua Galega para este día.

 

 

 COPLAS DOS MAIOS

PONTE NAS ONDAS 22-23

O 11 de maio tivemos a sorte de contar con Damián Alonso de Ponte nas Ondas o cal realizou un Obradoiro de Radio co noso alumnado.

Emprego do Audacity como programa de grabación, ténicas de modulación e proxección de voz. creación de guion, mesa de misturas... Unha mañá moi ben aproveitada. Deixámosvos aquí un resumo do día e o programa de radio elaborado.

 

 
 

INSTALACIÓN ARTÍSTICA: Á CARTA

Continuando co PDI da Biblioteca Escolar deste ano: "Dende o Sello para o mundo" mostrámosvos a instalación artística deste 3º trimestre, a cal está baseada na carta. 

Esperamos que vos guste. :)

CHARLA COGAMI

O alumnado de 5º e 6º tivo esta semana unha charla impartida por COGAMI(Confederación Gallega de Personas con Discapacidad) sobre a sensiblización para concienciar sobre a diversidade que existe na sociedade. 

Deixámosvos un pequeno video para que vexades un pouquiño do que fixeron. 

 

 

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: