Skip to Content

CALENDARIO SOLIDARIO 2020

Como todos os anos, xa está na rúa o noso calendario solidario. Actividade promovida polo CEIP da Ramallosa a través do Equipo de Dinamización da Lingua Galega en coordinación cos diferentes Equipos de traballo do Centro. Este ano baixo a temática dun dos Proxectos Anuais do Centro; "AULAS ILUSTRES"

Como sabedes, a metade da recadación das vendas vai destinada íntegramente ao Banco de Alimentos do noso Concello e a outra metade do custe é exclusivamente para os gastos de impresión e encadernado dos calendarios contratado a unha empresa externa.

Todo o traballo gráfico de deseño, edición e maquetación faise de maneira altruísta a través do EDLG do Centro.

Igual que o ano pasado, o custe de cada exemplar é de 7€

Se ainda non tés o teu exemplar, estades a tempo de adquirilo e aportar o voso gran de area a este proxecto solidario, pois estamos a piques de rematar os exemplares impresos este 2020. Podes botarlle un ollo aquí. Mil grazas pola vosa colaboración un ano máis!!  

 



page | by Dr. Radut