Skip to Content

14 retos para 14 días

Bos días a tod@s.

Nos arquivos que tedes a continuación comparto un traballo feito por unha profe de EF doutro centro. Consiste en facer 14 destes retos en 14 días. Unha maneira de poder facer un pouco de exercicio e outro tipo de actividades. Se queredes podedes completar o traballo sacando unha foto do reto que fagades cada día e elaborar un pequeno diario en libreoffice cos vosos comentarios que compartiremos entre todos. Pronto estaremos de volta. Moito ánimo Chic@s.

Tamén tedes AQUI un pequeno video para facer o "Calentin" do reto 2 LAZY MONSTER (sirve para EI)

IOGA PARA NENOS

Ten que ser un xogo de posturas. Que sexan conscientes da súa respiración, como o aire entra e sae dos pulmóns. Podedes facer as posturas na orde que vos queirades ou de pè ou sentados. Nas imaxes tedes as diferentes posturas que podedes traballar. O tempo en cada postura é igual a entre 5 e 10 respiracións. Sorte e a relaxarse!!

 

AnexoTamaño
14 días - 14 retos.pdf748.87 KB
Posturas de Ioga para nen@s.pdf282.69 KB


page | by Dr. Radut