Skip to Content

Modelo autodeclaración da renda para os ususarios de comedor.

No seguinte enlace tedes o modelo de autodeclaración para saber canto teñen que pagar os usuarios/as de comedor no curso 2023-24. Podedes descargalo da web ou recollelo na secretaría do centro. Tedes que entregalo debidamente cuberto no cole, antes do 21 de xullo para poder marchar de vacacións en agosto co comedor organizado.

Modelo de autodeclaración

Instruccións para a correcta xustificación:

  • O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.
  • Aclaracións para determinar correctamente a renda anual familiar. Para determinar a renda anual familiar hai que sumar as rendas obtidas por todas as persoas que integran a unidade familiar. Nesta operación poden presentarse varias situacións:
    • Unidades familiares nas que ambos cónxuxes, ou calquera outro integrante dela, perciben rendas e teñen a obriga de presentar a declaración anual do IRPF. Neste caso, o importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, que se obterán de cada declaración, se foron presentadas individualmente, que é o habitual ou ben, da declaración conxunta. (a.1 e a.2 do modelo)
    • Unidades familiares nas que ambos cónxuxes perciben rendas pero só un deles ten a obriga de presentar a declaración. Neste caso, a obtención do importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, para o membro da unidade que presentase declaración do IRPF máis o importe que resulte para o outro integrante da unidade familiar que non presentou declaración do IRPF, segundo os seus datos fiscais que deberá para realizar o cálculo dos seus ingresos, sumar os importes das casiñas correspondentes a (retribucións dinerarias) e (intereses) e restar os importes das casiñas correspondentes a (cotizacións seguridade social), (retencións procedentes do traballo) e (retencións procedentes do capital mobiliario), tal e como recolle o artigo 16.2.terceiro do Decreto 132/2013, do 1 de agosto. (a.3 do modelo)
    • Cando ambos cónxuxes perciban rendas pero non teñan a obriga de presentar declaración da renda ou ben cando o cónxuxe ou os cónxuxes non perciban renda ningunha suxeita a tributación do IRPF. Nestes supostos, os interesados deberán consignar os seus datos fiscais do mesmo xeito que no especificado no apartado anterior para os membros que non presentase declaración do IRPF. (a.4 do modelo)

ALUMNADO DE NON ZONA

Todo o alumnado novo que está escolarizado como de NON ZONA, deberá traer a seguinte documentación (aprobada polo Consello Escolar na reunión do 29 de xuño) para establecer a orde de entrada no comedor. Como sabedes, temos máis solicitudes que prazas:

  • Certificado de estar en situación socioeconómica desfavorable ou minusvalía do 33% - 1 punto
  • Certificado de familia numerosa - 1 punto
  • Renda percápita en función do modelo de autodeclaración - estableceremos 1 punto ao que teña a renda máis alta e, por orde descendente engadiremos un punto a os seguintes.

Unha vez baremadas as solicitudes, estableceremos unha orde de entrada sendo o 1º en entrar o que máis puntos obteña.

O alumnado de NON ZONA que obteña praza no comedor, faino EN PRECARIO. Quere decir que, se no avance do curso, ven un alumno/a que sexa de zona e solicite comedor, desprazará fóra ao último que entrou.



page | by Dr. Radut