Skip to Content

21 DÍAS CO GALEGO E+ (23_24)

Banner 21 días

 

21 días co galego e + é un programa promovido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten como finalidade promover o uso do galego oral entre a xente nova, dentro e fóra dos centros de ensino, no marco do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade.

Esta iniciativa de dinamización lingüística nace para que o alumnado fale máis o galego e perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas e que, alén diso, analice a súa relación coas linguas que coñece, e máis concretamente coa nosa, para ver cal é o lugar que ocupa ou pode ocupar na súa vida.

Na actualidade participa alumnado de Ed. Infantil e Primaria, ESO, bacharelato e FP, con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, que se compromete co seu profesorado a falar soamente en galego as 24 horas do día durante as 21 días que dura o programa dentro e fóra do centro de ensino.

Xorde co ánimo de compartir a ilusión por conservar, recuperar e crear falantes que vivan o galego como unha lingua a medrar chea de posibilidades. A súa singularidade reside na vontade de implicar os rapazas e rapaces durante un tempo determinado en todas as facetas da súa vida, na procura de que o galego sexa lingua normal de uso en todos os ámbitos, e en levar a aula á rúa e a rúa á aula, fuxindo do estudo máis académico da lingua.

Este programa ten a súa orixe en 21 días co galego, unha experiencia didáctica que botou a andar no IES da Pobra do Caramiñal no ano 2013, da man da profesora Pilar Ponte; desde entón, desenvolvéronse catro edicións máis dese proxecto no mesmo centro.

En 2015 recibiu un premio de innovación en dinamización lingüística da  Secretaría Xeral de Política Lingüística e no ano 2018 recibiu o primeiro acto de recoñecemento a unha actividade educativa por parte da Real Academia Galega. No ano 2019 recibiu o X Premio da Lingua Rosalía de Castro da Deputación da Coruña e o Premio da Cultura Galega de Lingua.

Ano a ano medra tanto no número de centros como no de participantes na procura de manter e espallar o galego entre a infancia e a mocidade galegas.

programa radio galega 21 días

 

 

 

  "AULAS MUSICAIS"

Esta actividade que ideamos para o programa, vinculada tamén ao proxecto de centro e de Bibliotecas deste curso escolar (A Música), foi unha das propostas estrela desta edición.

A través da mesma desenvolvemos diversas actividades relacionadas coa nosa música e o noso patrimonio cultural como pobo. E para crear referentes nos discentes, potenciar esta mensaxe, e achegar esta cultura o máis posible aos discentes, apadriñamos todods os espazos e aulas do centro co nome de grupos e artistas galegos, que ademáis de enviarnos os seus vídeos de agradecemento e felicitacións ao alumnado pola actividade, tamén nos foron visitando durante os 21 días e ao longo de todo o curso escolar.

 

"DITOS RETRANQUEIROS DOS NOSOS MAIORES"

Con esta actividade, durante os 21 días, o alumnado foi recollendo os ditos máis retranqueiros dos seus maiores, para despois facer unha posta en común nas aulas e recopilalos facendo como actividade final unha humilde edición impresa deste traballo.

 

 

 

"OUTRAS ACTIVIDADES" 

 

 



page | by Dr. Radut