Skip to Content

O CONCELLO

As crianzas de 2ºEP, fixeron un fermoso traballo de busca de información sobre o concello de Teo: as parroquias que o conforman, o patrimonio co que conta,... Pero ademais foi unha forma de aprendizaxe do concello como entidade: visitaron as súas instalacións, coñeceron de preto como é o seu funcionamento, tiveron a oportunidade de conversar coa alcaldesa e outr@s concelleir@s, visitaron a policía local e como é un camión de bombeiros, entre outras cousas.

Foi ademais un traballo grupal e cooperativo entre as dúas aulas deste nivel, xa que para esta proposta fixeron grupos misturando crianzas de ambas clases, supoñendo unha actividade enriquecedora, entretida e motivadora e un xeito de abordar este contido dunha forma significativa e competencial.

Visualizar o video para dar conta do bonito traballo que fixeron.

           



page | by Dr. Radut