Skip to Content

Aula de Audición e Linguaxe

Entra para ver as cousas que facemos os máis pequenos da escola.

A PAZ O CURSO PASADO

Como se acerca o DÍA DA PAZ envíovos un resumo do que fixemos o curso pasado na aula de AL para conmemorar o día. O deste ano estamos en proceso de elaboración, xa o veredes!!!

PRESENTACIÓN DA PROFESORA DE AL

Ola, chámome Isabel e son a profesora especialista en Audición e Linguaxe (AL). Ademáis, entre outras especialidades, tamén son especialista en Pedagoxía Terapéutica (PT), especialidade pola que estiven traballando noutro colexio antes de chegar á Ramallosa, fai agora 6 cursos. Como vedes gústame moito o mundo da "educación especial"; todos os alumnos e alumnas cos que traballo son moi especiais para min, aprendo moito con eles e disfruto traballando con cada un deles.

Para poder chegar ata aquí tiven que estudiar maxisterio, pero como, por aquel entonces, non había ningunha especialidade relacionada co que a min me gustaba, despois tiven que estudar outra carreira: Pedagoxía, pola rama da Orientación e Educación Especial. E, por último, fixen dous anos da especialidade de Logopedia.

Creo que xa me coñecedes un pouco. A partir de agora tratarei de ir subindo algúns contidos relacionados coa miña especialidade, traballos dos meus alumnos e alumnas, informacións... Por certo, os que xa coñecedes un pouco a dinámica do Centro, sabedes que se traballan moitos temas a nivel xeral, por todo o alumnado do Centro. Polo que , eu, desde a aula de AL, procuro traballar o mesmo tema, adaptándoo ás nosas necesidades, capacidades e obxectivos. Gústame que todo o alumnado participe en todas as actividades programadas, na medida das súas posibilidades, e, por suposto, aprendendo moitas cousas xuntos.

Ata pronto

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut