Skip to Content

Sexto de primaria

SEGUNDO NÚMERO DE LEDICIA

Xa está na rede o segundo número da nosa revista "LEDICIA".

Esperamos que vos guste.

O equipo de Sexto-A

 

 

REVISTA DIXITAL: LEDICIA (Nº 1)

O alumnado de 6º A ven de presentar o primeiro número da súa revista dixital:

Portada da revista

 

Preme na imaxe para abrir a revista

 

 

Postais "ROBÓTICAS"

Como xa sabedes, o noso cole, foi seleccionado para participar nun proxecto de robótica educativa; pois chegou o momento de felicitar O NADAL, dunha maneira especial, a tod@s utilizando un programa moi importante en robótica chamado Scratch que estamos intentando dominar.

Esperamos que vos gusten!

 

Nadal animado

 

Preme sobre o botón para que empece animación:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Martín 6ºA

O PASTEL DE MANUEL

O mono non come coco,

nin papa nin polo nin queixo.

Tampouco come moco.

 

O mono non come contento,

quere comer pastel,

pero non o hai no convento,

nin na casa do coronel.

 

Como comerá pastel,

se non o hai en ningures,

o pobre mono Manuel?

 

Foi falar co pasteleiro:

-É que non queda fariña,

pero teño unha idea:

faino ti, corre, axiña!

 

Amorodo, chocolate,

ovos tona e fariña.

Botoulle incluso tomate!

E a prender a cociña!

 

Foi un éxito rotundo,

o delicioso pastel,

do feliz mono Manuel!

 

O Can

 

O CAN

 

Paco era un can moi desafortunado, porque foi abandonado. Polas rúas de Rianxo rebuscaba nos contenedores e atopaba algo de comida.

O garda municipal Xosé, atopou a Paco tirado nunha cuneta. A Xosé deulle moita lástima o animal e levouno para a súa casa.

O can ó cabo dúns días recuperou as súas forzas, entón o garda decidiu adestralo para ser un can rastreador.

No concello todos se rian del, pero Xosé creía moito nas abilidades de Paco.

Un día a filla do alcalde desapareceu e todo Rianxo estaba moi preocupado.

Xosé e Paco sairon en busca de Lua a filla do alcalde. A noite era oscura, pero Paco atopou un rastro e botou a correr. Xosé estrañado sigueu ó can ata a praia de Tanxil, o can derrepente botou a ladrar, entón Xosé veu a nena tirada na area cunha perna rota.

Paco no pobo convirtiuse nun heróe e todos os que se rian de Xosé ahora pidironlle perdón.

O Gato

                                     O GATO

 

Eu, fai 2 meses e medio tiven cinco gatiños preciosos. A súa nai Lucy dáballes de mamar todo o dí. Rufi é o irmán de Lucy, morreu fai catro meses, por culpa do novio de Lucy, (O gato malo).Chamámoslle así porque foi o culpable de que Rufi morrera, porque estaban pelexando os dous, o gato malo empuxou a Rufi e Rufi quedou cego. Ao cabo de dúas semanas morreu.

Os gatiños son: Naranjito, Negrito, Nemo, Blanquita e Mini-Rufi. Naranjito foi para casa de Sandra, deume pena pero Sandra quedou moi contenta, Nemo vive en Ourense cuns amigos dos meus pais e da miña avoa, Mini-Rufi e Negrito quedaron en casa con Lucy e Blanquita foi para a casa da miña avoa en Portugal  durante un mes, despois volveu para casa.

                                            FIN

A águia real

Din as lendas, que un dia, no ano 1950, específicamente o 21 de Septembro, nunha casa, que xustamente era a casa dos meus avós, e bisavós, foi escoitado un pequeno berriño. Viña da cheminea. Era un polo de águia real, tiña unha pata astillada e unha á rota.

 

Meu avó, con 11 anos, colleuna, e tívoa con el. Ensinoulle a voar, a cazar, a todo, sempre estaba con ela, tanto cariño tiñan un polo outro que o animal aniñou nun carballo situado na leira de enfrente da casa.

 

Anos despois ao meu pai pasoulle o mesmo, encontrou unha aguia, criouna, e tívoa tamén con el. A águia, resulta que era filla do individuo que criara o méu meu avó, agora creo que me toca  a min ter unha porque xa teño os 11 anos.

MÁQUINAS

O alumnado de "Sexto A" estivo traballando estas últimas semanas na elaboración de maquetas de diferentes tipos de máquinas. Como queira que non houbo tempo nin espazos para amosarvos o seu traballo, deixámosvos unha galería a xeito de exposición virtual.

Ver a exposición

Distribuir contido


by Dr. Radut