Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Érguete xa!

Máis e mellor actividade física 

Dende a escola hai unha crecente preocupación pola vida sedentaria dos nosos alumn@s, xa  que entendemos que o   corpo  necesita  un  mínimo  de  actividade  física  diaria  para  manterse  en  forma e ter unha vida máis saudable.

EXERCICIO  FÍSICO : Vivimos  nunha  sociedade  na  cal, cada  vez, temos  máis  tempo  libre  e  de  lecer, pero este tempo utilizámolo  en  ver  a  televisión,  xogar  coa  videoconsola,  etc, e dedicamos menos para facer unha actividade física adecuada, o  cal nos  leva  irremediablemente  ao  sedentarismo, que  se  caracteriza  pola  ausencia de  actividade   física  e  os  problemas  que  iso  acarrea nos nen@s.

Neste curso estamos a participar no  Plan Proxecta. O noso proxecto leva por título: Erguete xa!

Un dos obxectivos que estamos a traballar na aula é Que os nen@s coñezan e usen os movementos motrices, perceptivos e sensitivos como medio de distrute corporal e de benestar na súa vida cotiá.

Con esta actividade pretendemos que os nosos alumn@s desenvolvan a coordinación motriz a través de desprazamentos no espacio, da proxección do corpo no espacio, tomando conciencia do ritmo, dos diferentes desprazamentos, e utilizando para elo a unidade didáctica sobre o corpo humano que estamos a traballar neste primeiro trimestre do actual curso escolar.

Ademais pretendemos que adquiran una actitude de interese pola precisión de movementos, pola  actividade física en xeral e polo hábito deportivo e o benestar físico e mental no seu hábito  cotiá.

 

  • Xa levamos elaborado algún material que está colgado na aula virtual.

Acitividades LIM

- Educación viaria: WEBQUEST Circula seguro. Este proxecto rematará cunha marcha en bici. 

  • En música levamos aprendido unha coreografía para cada festa: para o Samaín e para o Magosto.


  • O Nadal é unha época para intercambiar agasallos e nós fixemos unha petición moi especial. Está claro que esperamos manternos activos tamén o vindeiro ano. Menos "sofing" e máis actividade física



  • Os rapaces e rapazas de 2º e algúns de terceiro e cuarto tamén nos desvelaron os seus desexos para un Nadal en movemento:





page | by Dr. Radut