Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Home

Portada

      

 

                         

 

Revista Cataventos

  

Sae un novo nº da Revista Escolar Cataventos

Portada-> Lúa de 6º curso. Temática: Importancia das mulleres na ciencia.

Contraportada ->  Candela, Gabriel, Joel e Sofía, alumnos/as de 5º e 6º. Temática:  robótica.

Como este ano o tema do proxecto documental é “Investigando: tolos pola ciencia”, escribimos noticias que detallan numerosas experiencias e  investigacións relativas á astronomía, á química, á física, á arqueoloxía, á zooloxía, á robótica e ao desenvolvemento sostible que son as ramas da ciencia que representa cada clase.

 

#RosalíaTe

O 24 de febreiro homenaxeamos a Rosalía de Castro. 

Este ano, como coincidía coa celebración do Entroido, adiantámonos uns día e celebrámolo o día 20.

Achegámonos ao Centro de Día de Toén  para compartir poemas, cantigas e xogos cos nosos maiores.

RosaliaTe - Actividade proposta pola AELG  

Rosalíados - ...  Bloguesquío

Códigos QR - Has de cantar - Non che teño medo moucho

Entroido 2017

Aí o vén, o Entroido xa está chamando á porta!

Os nosos disfraces, as nosas comedias e cancións xirarán en torno ao tema do proxecto TOLOS POLA CIENCIA

Durante a semana cumpriremos os mandados de Efrén, a nosa mascota. Aquí vos deixo os Mandadiños para que vaiades tomando nota

 Luns, 20 de febreiro  Martes, 21 de febreiro
Mércores 22 Xoves 23

 O Venres, 24 de febreiro, será a festa grande:

Desfile de Entroido ás 14:30. 

Actuacións - cancións, bailes e comedias

Contamos coa participación da comparsa A TUNA da Universidade de Ciencias do Centro de Día. 

Animámosvos a todos/as a que disfrutedes con nós, Vide disfrazados/as!!!!

Galería de imaxes

Entrega de premios do I Concurso Muller e Nena na Ciencia

O sábado, 11 de febreiro, no Salón de Graos do edificio Politécnico do Campus de Ourense tivo lugar a entrega de premios do I Concurso de debuxo e redacción do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Lúa Domínguez Grande– 2º premio, co  debuxo “Jane Goodall, unha defensora dos animais”.  

José Vidal González Gómez – 2º premio, coa redacción “Segue o rastro dos teus ancestros con Rebecca L. Cann”.

Sofía González Iglesias – 3º premio, coa redacción “Elena García e os robots camiñantes”.

Presencia do evento nos medios de comunicación

"Exemplo de muller científica para os investigadores do futuro. A  experta Verónica Salgueiriño falou sobre nanociencia aos nenos/as premiados no concurso". A Voz de Galicia

"Princesa non, mellor científica. O campus de Ourense celebrou cun concurso o Día da Muller e a Nena na Ciencia" Faro de Vigo/Redacción de Ourense

O acto comezou cunha conferencia sobre nanotecnoloxía da man da investigadora galega Verónica Salgueiriño. A continuación, o vicerreitor do campus de Ourense da Universidade de Vigo, Virxilio Rodríguez xunto coa investigadora entregaron os premios aos gañadores- un diploma, un libro sobre unha científica e un lapis de memoria- xa para rematar animaron aos gañadores a cursar grados de ciencias no Campus de Ourense.

 

Para ler máis. Souto dos Laretas - Bloguesquío

Tecendo a paz


Entre todos e todas quixemos tecer unha grande rede de desexos e compromisos para reivindicar na escola  a resolución non violenta dos conflictos . Cada neno/a debuxou o seu autorretrato e escribiu o seu compromiso persoal.

Tecendo a paz

Sons de Paz. Musical

Co Himno á alegría e "Rock sen guerra"

Recitado de poemas: O nenos e nenas de 2º recitaron un poema que eles mesmos escribiron.

Unímonos aos valentes. Iniciativa Mediaset Se buscan valientes (El Langui), Rap contra o abuso na escola. Sumámonos a esta iniciativa  facendo nosa a canción que tan famosa se fixo estes días para cantala o día da PAZ. 

Compartindo a biblioteca cos escornabots

EDUCACIÓN | TECNOLOGÍA

Escolares e robots comparten biblioteca no colexio de Toén

"Los 96 alumnos participan en el proyecto "Escornabots", destinado a reforzar contenidos de clase"

Alumnos del colegio Saco e Arce de Toén con uno de los cuatro Escornabot construidos.         (Foto: Miguel Ángel)

Ler máis. Publicado no Xornal La Región. 14/11/2016

Castañas e xogos populares

  Fotos na Galería de imaxes

Con xogos tradicionais:

A corda

Os Zancos

O pano

Carreiras de sacos, de culleres e castañas

Atrapa-castañas

E por suposto Magosto 

 Le máis en Bloguesquío

Distribuir contido


by Dr. Radut