Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Secretaría

O noso colexio. Portas abertas 2024-2025

SECRETARÍA

 DATOS DO CENTRO

CEIP Saco e Arce. Toén

A Verea s/n 32930 Toén - Ourense

Teléfono : 988685096

E- mail : ceip.saco.arce@edu.xunta.gal

Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsacoarce 

  

Distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria

Distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria.

- Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 20-21.

- Deberán presentar solicitude as familias que non presentaron solicitude ou resultou excluída.

- Prazo ata o 23 de novembro.

 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201113/AnuncioG0598-061120-0002_gl.pdf

 

- Listaxe provisional admitidos  //  excluidos. Taboleiro do centro

- Listaxe definitivo. Taboleiro do centro

FONDO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR 2023/2024

Na ORDE do 10 de maio de 2023 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2023/24.

 

BENEFICIARIAS

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

 

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO). No noso centro non entraría o alumnado de 5º e 6º por traballar na plataforma E-DIXGAL con libros electrónicos.

 

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

 

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria, ESO e EE.

  

PRESENTACION DAS SOLICITUDES

Pregamos que de ser posible se faga de xeito telemático. De non ser posible, pódese entregar a través do alumnado a seu titor-a cuberta e asinada. 

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais

membros computables da unidade familiar.

- A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/24

- No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.

 

DATOS ECONÓMICOS:

Renda percápita correspondente ao exercicio fiscal do ano 2021.

Sumaranse as casillas 435+460  da renda da unidade familiar e dividirase entre o número de membros computables.

Modalidade Axuda

Destinatarios Umbrais Renda Axuda Outros requisitos Documentación

Fondo solidarios libros de texto

3º,4º de

primaria

>6000<=10000€ 4 libros

Ter devolto en bo estado os libros de texto recibidos do fondo solidario no  curso 22-23

 

 

Segundo o caso a indicada na orde da convocatoria e na propia solicitude.

Orixinal e copia

 

Fondo solidarios libros de texto

3º,4º de

primaria

<=6000€ 6 libros

Adquisición libros de texto

1º, 2º de primaria >6000<=10000€ 160 €

Adquisición libros de texto

1º, 2º de primaria <=6000€ 240 €
Material escolar

1º,2º,3º,4º,5º,6º de  primaria

<=6000€

>=6000€

75 €

60 €

 

 PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES

 

Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023.  

Para ser beneficiario do fondo é das axudas para libros de texto e material escolar é condición INDISPENSABLE, DEVOLVER OS LIBROS DE TEXTO RECIBIDOS DO FONDO SOLIDARIO (3º, 4º, de Primaria) neste curso 22/23.

O centro establecerá unhas datas no mes de xuño para devolver os libros.

  


  

LISTAXE PROVISIONAL DE ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2023/2024

O 27 de xuño publicaremos no tabolerio do centro a listaxe provisional. Comunicaremos nesta web e por medio de Abalar a data de publicación.

 

Prazo de reclamación: dous días posteriores á publicación.

 


  

LISTAXE DEFINITIVA DE ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2023/24

O 3 de xullo, publicaremos no tabolerio do centro a listaxe definitiva. Comunicaremos nesta web e por medio de Abalar a data de publicación.

A entrega dos cheques realizarase do 5 ao 21 de xullo en secretaría do centro de 11 a 13:00 horas.

Os libros serán entregados ao alumnado a primeira semana de clase do curso 2023/2024. Os libros non adxudicados deberán ser mercados polas persoas interesadas. 


 

 

Relación de material para a aula para o curso 2023/2024. (primeira semana de setembro)


 

 

 Acceso ao DOG

Distribuir contido


by Dr. Radut