Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2017

 

Resultado de imagen de letras galegas 2017

 

CARTEL DAS ACTUACIÓNS DO FESTIVAL 

 

vindeiro martes, día 16 de Maio, a partir das 11:00h,  celebraremos a tradicional Romaría das Letras Galegas , na que haberá música, baile e teatro para tod@s,e como xa é costume no noso centro viremos tod@s vestidos acorde coa festa.

Estades tod@s convidad@s e sería bo que acudirades vestidos de forma tradicional.

Despois tod@s compartiremos uns pinchos e uns doces. Agardamos a vosa participación.

A escola permanecerá aberta ata as catro, funcionando os autobuses con normalidade. Todas as familias que desexen levar aos seus fillos antes , deberán avisar ao titor/a  e asinar no rexistro de saídas.

                                                          

 

#RosalíaTe

O 24 de febreiro homenaxeamos a Rosalía de Castro. 

Este ano, como coincidía coa celebración do Entroido, adiantámonos uns día e celebrámolo o día 20.

Achegámonos ao Centro de Día de Toén  para compartir poemas, cantigas e xogos cos nosos maiores.

RosaliaTe - Actividade proposta pola AELG  

Rosalíados - ...  Bloguesquío

Códigos QR - Has de cantar - Non che teño medo moucho

Entroido 2017

Aí o vén, o Entroido xa está chamando á porta!

Os nosos disfraces, as nosas comedias e cancións xirarán en torno ao tema do proxecto TOLOS POLA CIENCIA

Durante a semana cumpriremos os mandados de Efrén, a nosa mascota. Aquí vos deixo os Mandadiños para que vaiades tomando nota

 Luns, 20 de febreiro  Martes, 21 de febreiro
Mércores 22 Xoves 23

 O Venres, 24 de febreiro, será a festa grande:

Desfile de Entroido ás 14:30. 

Actuacións - cancións, bailes e comedias

Contamos coa participación da comparsa A TUNA da Universidade de Ciencias do Centro de Día. 

Animámosvos a todos/as a que disfrutedes con nós, Vide disfrazados/as!!!!

Galería de imaxes

Escolarización 2017 / Admisión alumnado// Xornada de portas abertas

 

Aberto o prazo de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo de 2017.

Para as familias:

*Poden cubrir o formulario de admisión a través do menú Solicitudes - Admisión - Crear solicitude de admisión. Feito iso poden optar por:

  • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo que escollan para o seu fillo ou filla en primeiro lugar.
  • Se dispoñen de certificado dixital, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

*Nembargantes, para quen o queira cubrir a man o formulario, pódeno descargar a través da seguinte ligazón e entregalo no centro educativo:

PREME: ENLACE Á INFORMACIÓN NA NOSA WEB

 

Información escolarización curso 17/ 18

  • ·        PROCESO DE RESERVA   DE PRAZA : DO 1 AO 20 DE MARZO
  • ·        EXPOSICIÓN DO LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS: 24 DE MARZO
  • ·        PRAZO DE RECLAMACIÓN DO 25/04  Ó  02/05.
  • ·        EXPOSICIÓN DE LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS: 12 DE MAIO.
  • ·    PERÍODO DE MATRÍCUAL DO 20 Ó 30 DE XUÑO.

 

 

 

 

 

Entrega de premios do I Concurso Muller e Nena na Ciencia

O sábado, 11 de febreiro, no Salón de Graos do edificio Politécnico do Campus de Ourense tivo lugar a entrega de premios do I Concurso de debuxo e redacción do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Lúa Domínguez Grande– 2º premio, co  debuxo “Jane Goodall, unha defensora dos animais”.  

José Vidal González Gómez – 2º premio, coa redacción “Segue o rastro dos teus ancestros con Rebecca L. Cann”.

Sofía González Iglesias – 3º premio, coa redacción “Elena García e os robots camiñantes”.

Presencia do evento nos medios de comunicación

"Exemplo de muller científica para os investigadores do futuro. A  experta Verónica Salgueiriño falou sobre nanociencia aos nenos/as premiados no concurso". A Voz de Galicia

"Princesa non, mellor científica. O campus de Ourense celebrou cun concurso o Día da Muller e a Nena na Ciencia" Faro de Vigo/Redacción de Ourense

O acto comezou cunha conferencia sobre nanotecnoloxía da man da investigadora galega Verónica Salgueiriño. A continuación, o vicerreitor do campus de Ourense da Universidade de Vigo, Virxilio Rodríguez xunto coa investigadora entregaron os premios aos gañadores- un diploma, un libro sobre unha científica e un lapis de memoria- xa para rematar animaron aos gañadores a cursar grados de ciencias no Campus de Ourense.

 

Para ler máis. Souto dos Laretas - Bloguesquío

Tecendo a paz


Entre todos e todas quixemos tecer unha grande rede de desexos e compromisos para reivindicar na escola  a resolución non violenta dos conflictos . Cada neno/a debuxou o seu autorretrato e escribiu o seu compromiso persoal.

Tecendo a paz

Sons de Paz. Musical

Co Himno á alegría e "Rock sen guerra"

Recitado de poemas: O nenos e nenas de 2º recitaron un poema que eles mesmos escribiron.

Unímonos aos valentes. Iniciativa Mediaset Se buscan valientes (El Langui), Rap contra o abuso na escola. Sumámonos a esta iniciativa  facendo nosa a canción que tan famosa se fixo estes días para cantala o día da PAZ. 

Frea a violencia, respecta e tolera

Compartindo a biblioteca cos escornabots

EDUCACIÓN | TECNOLOGÍA

Escolares e robots comparten biblioteca no colexio de Toén

"Los 96 alumnos participan en el proyecto "Escornabots", destinado a reforzar contenidos de clase"

Alumnos del colegio Saco e Arce de Toén con uno de los cuatro Escornabot construidos.         (Foto: Miguel Ángel)

Ler máis. Publicado no Xornal La Región. 14/11/2016

Castañas e xogos populares

  Fotos na Galería de imaxes

Con xogos tradicionais:

A corda

Os Zancos

O pano

Carreiras de sacos, de culleres e castañas

Atrapa-castañas

E por suposto Magosto 

 Le máis en Bloguesquío

Distribuir contido


by Dr. Radut