Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Educación Física

Xogos tradicionais

O 1 de outubro, día do Maior, visitamos o Centro de Día.
Ao chegar fomos recibidos polos anciáns e os seus coidadores,
que nos tiñan preparadas un montón de actividades:
contos, cancións e ensináronnos como se practicaban unha serie de xogos tradicionais,
dos da súa época.
Algúns xa os coñeciamos, pero outros non.
Editamos un libro onde se recollen os xogos.


XOGOS:  


A Billarda
Os Bolos
O truco da Laranxa
A petanca
Os tres en raia
Os Bugallos
A Mariola
Tiracroios
O peón


XOGOS MUSICAIS:


A Pioneira
A Turuta e o Chifre

DEPORTE EN IDADE ESCOLAR

No curso 2008 - 2009 participamos no Deporte en Idade Escolar,  tanto na modalidade polideportiva cultural, deporte en escolar e campo a través.
Participamos, coa proba polideportiva cultural os de 2º  e  3º ciclo dos colexios: Entrimo, A Valenzá, e Lobios.
Nós, formamos equipo cos colexios de Lobios Entrimo e participamos  en baloncesto, bádminton, xadrez e na proba cultural. 
Na actividade de deporte en idade escolar, participamos en Campo a través e fútbol sala. Tanto pequenos coma maiores chegamos á final. Nós, os máis maiores na final fixemos o que puidemos;
perdemos     8-5.
E os pequenos arrasaron na final quedaron 13-5.

 
Todo foi divertidísimo, xogamos en equipo, coñecemos a rapaces doutros colexos e gañamos moitos partidos.

DEPORTE EN IDADE ESCOLAR
Distribuir contido


by Dr. Radut