Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2º Curso

CURSO 2014-2015

Comezamos o curso os nenos e nenas de 2º de primaria...

O CURSO REMATOU!

A fermosa viaxe que comezamos xuntos chegou ao seu fin. Dous anos vividos polos que teño moito que agradecer. Meses, semanas, días, horas, minutos, segundos... cheos de encontros que nos axudaron a crecer.

GRAZAS por recibirme cada mañá cun sorriso.

GRAZAS por ser a forza que me motivou a comezar cada xornada.

GRAZAS por darme razóns para creer que o mundo pode ser mellor.

GRAZAS porque ao voso carón aprendín o doble do que puiden ensinar.

GRAZAS polo ben que o pasamos xuntos.

GRAZAS polo voso entusiasmo, a vosa curiosidade, a vosa enerxía, a vosa ilusión... e pola acollida de cada día.

GRAZAS POR FACER QUE LEMBRE QUE TEÑO O MELLOR TRABALLO.

Guiño UN TRABALLO QUE DEIXA PEGADA !Guiño

ONDE EU VAIA, VÓS ESTAREDES CONMIGO.

ATA PRONTO!

 

 

¡XAN ESTÁ DE CUMPLEAÑOS!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free digital slideshow personalized with Smilebox

GABRIEL CUMPLE 8 ANOS

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This photo slideshow created with Smilebox

VIAXAMOS ATA VIGO E CANGAS

VISITA AO AUDITORIO PARA VER "LUME"

Hoxe 26 de maio os pequenos da casa, xunto co primeiro ciclo de primaria, tiveron unha cita no Auditorio Municipal de Ourense con Títeres Babaluba e o seu espectáculo Lume, que se basa nunha historia de cooperación e sensibilización medioambiental.

 

Nun bosque algo fixo ladrar ao can... Unha lapa provocaría un incendio. O can chamou á  vaca, a vaca ao cervo, o ciervo á xabarila, a jabarila á landra, a landra ao búfo e el avisou á araña. A araña viu ao ourizo e o sapo alertou á garza... E todos xuntos argallaron un plan para apagar o lume.

Nesta proposta innovadora de teatro de obxectos, dúas  titiriteiras recrean un bosque para contar esta historia utilizando unha técnica mixta de contacontos e títeres de mesa.

 

 

 

 

 

 

HOMENAXEAMOS A XOSÉ MARÍA DIAZ CASTRO

<

p>

 

 Poeta ao que lle renden tributo as Letras Galegas 2014, no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.

“Xosé María Díaz Castro naceu o 19 de febreiro do 1914 en O Vilariño, lugar de San Vicente d’Os Vilares, Concello de Guitiriz, Lugo. Seus pais, Isidro Díaz e María Castro, labregos, tiveron catro fillos: Antonio, María, Xosé María e Serafín. Na escola da súa parroquia aprendeu as primeiras letras. Aos dezaseis anos estreouse cun poema en castelán na revista Lluvia de rosas de Tarragona, na que seguiría colaborando moi esporadicamente. En 1929 ingresa no Seminario de Mondoñedo, onde cursa tres anos de Latín e Humanidades, outros tres de Filosofía e dous de Teoloxía. É alí onde confirma a súa vocación de escritor, segundo el mesmo manifestou

Pincha sobre a imaxe e ... A TRABALLAR!

 

UNHA SESIÓN DE AGRICULTURA

OBRADOIRO DE PULSEIRAS DE GOMAS COS MAIORES DA CASA

Fai tres meses non se sabía nada de elas. Hoxe vémolas por todas partes. Estamos a falar das pulseriñas de goma que se puxeron de moda entre os nenos cun furor que non recordo vivir antes, nen con chapas, pegatinas ou calquera outra das modas efímeras infantís. Miremos onde miremos, vemos aos nenos tricotar con bastidores, bolis, garfos, cos dedos; armados con agullas ou palillos que recordan exactamente ás que usaban ás nosas avoas para o ganchillo. 
Os nenos e nenas de segundo e de sexto de primaria compartiron unha sesión na que intercambiaron os seus coñecementos no tema. Os de sexto ensinaron os de segundo, a facer pulseras con tenedores; e os de segundo, ensinaron a algún dos de sexto, a facelas cos dedos e cun telar. Ata o profesor Jorge aprendeu. Agora xa é un experto tecedor de pulseras de goma.
¡A experiencia foi moi enriquecedora para todos, ainda que o tempo fora pouco!
 
 

Distribuir contido


by Dr. Radut