Skip to Content

Secretaría

RESULTADO DA VOTACIÓN PARA ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE NAIS E PAIS NO CONSELLO ESCOLAR.

Tras  celebrar, na tarde de onte, a votación para o sector de Nais e Pais a fin de elixir os seus e as súas representantes no Consello Escolar deste centro, o escrutinio deu o seguinte resultado:

-Marta San Isidro Vázquez

-Paula Ramos Seara

-María Carmen Vigo Insua

A vixencia do seu cargo como representantes no Consello Escolar para o sector de Nais e Pais será de 3 anos, tal e como o recolle a normativa.

RENOVACIÓN PARTICIAL DO CONSELLO ESCOLAR

-Martes 2 de novembro: Sorteo na Secretaría do centro (ás 12:30h), dos membros, titulares e suplentes, da Xunta Electoral, órgano encargado de organizar, supervisar e levar a cabo o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar.

Os membros que formarán parte da Xunta Electoral serán: A directora (como presidenta da Xunta Electoral), un mestre ou mestra do centro, un/unha representante do persoal non docente e un pai, nai ou titor/a legal de alumnado do centro.

PREVISIÓN DE CALENDARIO DE ACTUACIÓNS:

-VENRES 5: Constitución da Xunta Electoral, aprobación dos censos electorais por parte desta, así como do Calendario de Eleccións do Consello Escolar, que prevese do seguinte xeito:

-DO 8 AO 15: Presentación de candidaturas (de 9:30h a 14:30h)

-O MARTES 16: A Xunta Electoral fará a proclamación de candidatos.

-DÍAS 17 E 18: Plazo de reclamacións ás proclamacións de candidatos.

-DÍA 19: A Xunta Electoral resolverá as reclamacións presentadas e confeccionará as papeletas de votación. Ese mesmo día presidirá o sorteo dos membros da Mesa Electoral da elección de representantes de pais e nais en acto público a celebrar na entrada do centro ás 16:15h. Posteriormente, farase a proclamación definitiva de candidatos.

 -DÍA 23: VOTACIÓNS.

PROFESORADO: Usos Múltiples

PERSOAL LABORAL: Secretaría

PAIS/NAIS: de 16:15 h a 18:30 h (na entrada do centro).

-DÍA 26: a Xunta Electoral resolverá tódalas posibles reclamacións, previa aceptación das mesmas, dende as 9:30h ata as 12:30h, e proclamará os candidatos/as elexidos/as no proceso.

APERTURA DE PRAZO PARA PARTICIPAR COMO COLABORADOR OU COLABORADORA NO COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2021-2022

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP PLURILINGÜE SANTA RITA, COMO COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS/AS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2021-2022.

As nais, os pais, os/as titores/a legais  do alumnado deste centro, que desexen colaborar  nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar durante este curso, poderán apuntarse na Secretaría do centro.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o día 28 de setembro de 2021, ou de ser necesario, reabrirase un novo prazo ata o 21 de decembro de 2021.

 

COMEDOR ESCOLAR 2021-2022

Todas as familias que tedes solicitada plaza de comedor para este curso para os vosos fillos e fillas, deberedes presentar cuberto e debidamente asinado o Anexo II. Modelo de Autodeclaración e Especificacións na Secretaría do centro ou ben entregarllo ao conserxe na entrada. 

Podedes solicitar o Anexo II no propio centro o descargalo AQUÍ.

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS NO COMEDOR PARA O CURSO 2021/2022

Xa se poden consultar as Listaxes provisionais de admitidos no comedor para o vindeiro cursos 2021/2022, na Secretaría do centro. 

Ábrese a partir de hoxe, un período de 2 días hábiles de reclamación e aportación de documentación se fora o caso.

VALES DE AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

A partir de hoxe e toda a vindeira semana, xa se poden recoller, na Secretaría do centro, os vales de axuda para libros e material. De non recoller os vales antes do venres 9, poderán ser entregado a partir do 1 de setembro.

Lembramos que o noso horario de atención é de 10:00h a 14:00h, agás hoxe, venres 2 que será ata as 13:00h.

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO IMPRESO PARA O CURSO 2021/2022

 

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO IMPRESO PARA O CURSO 2021/2022

Abrir ficheiro adxunto

 

 

DOCUMENTACIÓN E PRAZOS DE FORMALIZACIÓN DE MATRICULA

En cumprimento do artigo 40 da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, entre o 20 e o 30 de Xuño deberáse levar a cabo a FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA daqueles alumnos aos que se lles adxudicou praza para o vindeiro curso 2021-22, debendo aportar a documentación que se relaciona no documento adxunto "DOCUMENTACIÓN NECESARIA_21".

Adxúntanse os formularios necesarios a presentar que se relacionan.

FONDOLIBROS. Apertura do plazo para solicitar axudas para libros de texto e material escolar. Curso 2021-2022

 

Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de axuda para libros de texto e material escolar. DOG 20/05/2021

 

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica a través da plataforma FONDOLIBROS ou na sede electrónica da Xunta de Galicia, procedemento ED 330B. En caso necesario, poderán presentarse presencialmente na Secretaría do centro no seguinte horario: luns, martes, xoves e venres  de 12:30h a 14:00h e mércores, luns e venres, tamén de 10:00h a 11:30h.

 

Documentación: anexo I, anexo II, copia do libro de familia. De ser o caso e dependendo do suposto, documentación xustificativa do mesmo (sentenza de separación ou divorcio, certificado de discapacidade,...)

 

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 21 de maio ata o 22 de xuño de 2021 ámbolos dous inclusive.

 

 

LISTAXE DEFINITIVA. ADMISIÓN CURSO 2020-2021

Xa pode ser consultada na Secretaría do centro, a listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido para o curso escolar 2021-2022. Lémbrase que o centro non estará aberto ata o vindeiro mércores 19 de maio.

O noso horario de atención ao público é de 12:00h a 14:30h.

Distribuir contido


by Dr. Radut