Skip to Content

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO (CURSO 24-25)

Informamos que do 1 ao 20 de marzo abrirase o prazo para solicitar praza para novo alumnado de cara ao curso 2024-2025.

En breves datas publicaremos a listaxe coa oferta de vacantes e co resto de información necesaria sobre este proceso.

Neste centro non realizamos unha xornada de portas abertas como tal, senón que estamos á disposición das familias que queiran visitar o colexio ou realizar calquera consulta sobre aspectos organizativos e metodolóxicos.

Para concretar o día e hora da visita será suficiente con enviar un correo electrónico a esta dirección: ceip.san.tome@edu.xunta.gal ou chamar por teléfono ao 886151191. 



page | by Dr. Radut