Skip to Content

Actividades

Excursión a Manzaneda

Os alumn@s de 6º fixeron a súa excursión de fin de curso a Manzaneda. Foron 3 días fantásticos que deixaron momentos inesquecibles para os nen@s.

Premendo na imaxe accederedes a un álbum con más de 500 fotos.

Visita da Coral Polifónica dos maiores

A semana pasada os nenos e nenas de Ed. Infantil e os do 1º ciclo de Primaria disfrutaron da actuación no centro da Coral Polifónica dos maiores de Cambados.

Contaron o conto de "Paco, Paquiño" e fixeron as delicias do público coas cancións e ocurrencias.

Para saber máis e ver imaxes e un vídeo, preme no enlace que te levará á entrada correspondente no blog de Normalización:

Entrada da Coral Polifónica

Rematou o proxecto "Interculturalidade" da Biblioteca

Alá polo mes de setembro -que lonxe queda xa- comezou no colexio o proxecto Interculturalidade. Dende o principio marcou o día a día do centro e notouse nadecoración, nos temas traballados nas aulas, nas lecturas, no Entroido, no Día da Paz...

Foron moitas as actvidades levadas a cabo para que os nenos/as adquirisen coñecementos e valores relacionados coa temática, e así quedarán para o recordo as visitas dos pais estranxeiros, dos avós emigrantes, incluso a de Paula Carballeira para fala do seu libro "Casas", as andainas por Infantil de Raimundo, etc.

Como conclusión a todo iso temos os libros elaborados en cada curso; que están expostos na entrada do colexio  que podedes ver con todo luxo de detalles en LECTORIÑO.

En setembro comezará un novo curso, e con el, un novo proxecto.

Tamén fomos extranxeiros

O pasado mes o ENDL organizou unha serie de charlas relacionadas coa Interculturalidade. Foron impartidas por familiares (na súa maioría avós) de alumnos que no seu día foron emigrantes e compartiron connosco as súas vivencias. Resultaron moi interesantes. Se queredes velas podedes facelo no blogue de ENDL ou premedo nos seguintes enlaces:

- 1ª charla

- 2ª charla

- 3ª charla

Vídeo homenaxe a Rosalía de Castro

O pasado 24 de febreiro conmemoramos o 176 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Sí, é certo que o "176" non é un número que se celebre habitualmente pero é que este ano cúmplense os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos. O caso é que lle fixemos un vídeo que quedou así de chulo:

A semana no cole

Non hai semana sen novas neste cole; aquí vos poñemos un pequeno resumo do máis destacable desta semana:

- Infantil: os nenos e nenas de 4 e 5 anos foron de excursión a Barosa (amplía aquí a nova con fotos e vídeos)

- Proxecto de Interculturalidade: todo o centro está volcado nel, boa mostra diso e o traballo que se fai en todas as áreas.

No blogue de Música podemos ver varias entradas relacionadas con Italia:

- 5 anos bailando a Tarantela

- 2º de Primaria bailando a Tarantela

- 3º de Primaria bailando a Tarantela

- Entrada con moitos contidos de Italia

No blogue de Inglés tamén se traballaron Italia e outros países:

- Entrada sobre Italia (What country is it?)

- Canción dos países de Europa

- Países de Europa

- Países, países e máis países...

No de Biblioteca publicaron varios xogos e varias Unidades Didácticas, poden verse no blogue ou na páxina resumo de Interculturalidade; tamén un conto sobre Mulleres Rurais Africanas

- Outras novas:

- O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística fixo un comunicado sobre as Postais de Nadal; podes velo aquí.

- Tamén o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística fixo unha exposición sobre o Castiñeiro.

Novas da semana (15 ao 19 de outubro)

Esta semana foi moi produtiva en canto a novas do centro se refire; facemos aquí un pequeno resumo:

- Exposición de libros de Interculturalidade (máis información aquí)

- O equipo de Normalización e Dinamización Lingüística tamén fixo un blogue para compartir as súas actividades (podes velo aquí)

- Os alumnos de 6ºB traballaron un conto xitano (descárgao aquí)

 

Por outro lado, a preparación do Halloween xa comezou e en breve veremos os seus resultados. 

PD: hai rumores que din que pode ser intercultural

O OUTONO

BENVIDOS A ESTE NOVO RECUNCHO DO GALEGO.

DENDE AQUÍ QUEREMOS AMOSAR  AS COUSAS FEITAS CON AGARIMO.

 

CHEGOU O OUTONO

      

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut