FESTIVAL DE NADAL 2023 ANIMADAL

 

 Xa está todo preparado para o festival de Nadal deste ano no que defenderemos a causa de cada un dos animais aos que apadriñamos en cada aula, e para iso realizaranse diferentes bailes, cancións e obras de teatro. Estades todos convidados a acompañarnos este xoves 21 ás 11:00 horas no salón de actos do noso cole. Esperámosvos! Aquí vos deixamos o programa.

 

 
 
 

 

 

CURTAMETRAXES PARA PENSAR

Dende o Equipo de Benestar e Convivencia traballáronse estes días tres curtametraxes para regular as emocións e diferentes prexuízos, así como a resolución de conflictos e respostas ou accións positivas para resolvelos. Grazas a todo o profesorado pola súa implicación.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES E ALIMENTOS 2023

Este ano volvemos ser punto de RECOLLIDA DE ALIMENTOS E XOGUETES para a campaña que organiza tanto Protección Civil do Concello de Ourense como da OPERACIÓN QUILO da Asociación Amencer.

Podedes facer entrega dos xoguetes, xogos, libros... en bo estado; así como de alimentos non perecedeiros ata o VINDEIRO 20 DE DECEMBRO.

Podedes enviar as vosas participacións a través do alumnado ou achegalas vós mesm@s.

Gracias pola vosa colaboración.

Visítanos Loli Bolechas

 A secretaría Xeral de Igualdade ofreceunos a oportunidade de que os Bolechas se achegasen a nosa biblioteca para falarnos das familais monoparentais. Así pois, invitamos a todos os nenos do club de lectura que quixesen a participar desta actividade xunto coas súas familias. Unha vez rematada a sesión do LeoClub de sexto tivo lugar a actividade que foi moi dinámica e divertida. Un conserxe moi simpático púxonos un vídeo no que os Bolechas nos explicaban os tipos de familias facendo máis fincapé nas monoparentais. Logo presentouno a Loli Bolechas coa que falamos un anaquiño. Tamén cantamos unha canción e fixemos un xogo de preguntas. Ao remate da actividade todos os nenos e nenas levaron de agasallo o conto e o caderno de actividades sobre familias monoparentais. Pasámolo xenial!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                                

 

 

 

Extingamos o 25N

 Xa que este ano andamos a voltas coa extinción dos animais como tema do noso PDI, o Equipo de Convivencia propuxo elaborar un mural no que deixamos claro que o que si que queremos extinguir é a violenca de xénero. Oxalá non houbese que sinalar esta data no calendario!!

 


 


 

 

Taller educativo sobre DIABETES

O vindeiro 21 de Novembro levarase a cabo un novo taller sobre diabetes no noso centro.

Temos o placer de volver recibir unha vez máis co persoal da ASOCIACIÓN DIABÉTICA AURIA, sempre dispostas a ensinarnos e guiarnos.

É un taller na que estamos convidad@s toda a comunidade educativa: familias, profesorados, persoal non docente...

Ven a coñecer máis sobre o día a día das persoas con diabetes.

Esperámoste!!!

O Departamento de Orientación.

DÍA DA DIABETES 2023

Outro ano máis apoiando e dando visibilidade!!!

CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE

O pasado 25 de Outubro, dentro das actividades ofertadas polo Concello de Ourense nos centros educativos, tivo lugar unha charla sobre CIBERSEGURIDADE dirixida ao alumnado de 6º de Educación Primaria.

CHARLAS PLAN DIRECTOR: RISCOS DE INTERNET E ACOSO ESCOLAR

Un ano máis, o noso centro solicitou charlas informativas dirixidas ao alumnado de 5º e 6º seguindo o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos.

 

As charlas foron impartidas por parte de membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. 

As sesións desenvolvéronse os pasado 17 de Outubro: "riscos das novas tecnoloxías e internet" dirixida ao alumnado de 6º de EP e "acoso escolar" destinada ao alumnado de 5º de EP

 

Samaín 2023

 Para celebrar este ano o samaín realizamos unha exposición de cabazas no salón de actos. Foi unha "animalada de exposición"!! A imaxinación e creatividade das familias non ten límites! Este ano a temática foi sobre animais en perigo de extinción que é a que estamos traballando no noso PDI e a verdade é que todas eran verdadeiras obras de arte. Grazas pola vosa colaboración. Aquí vos deixamos algunhas fotiños delas. 



 

 





 




 

E como non! Este ano tamén nos vsitou a Bruxa Catuxa! Contounos que recibira unhas cartas nas que lle contaban que había animais que estaban desaparecendo: xirafas, linces, osos pandas vermellos...
Entón para solucionar esa situación e que non desaparezan máis animais preparou un conxuro máxico. Haberá que ver se realmente funciona!!





 

 

 

Día das Bibliotecas escolares 2023

    Para conmemorar o Día das Bibliotecas escolares levamos a cabo un acto todos xuntos no salón de actos. Lemos un pequeno manifesto e aproveitamos para presentar algúns libros super-intresantes que se poden atopar na biblioteca e que nos van vir moi ben para o noso PDI deste ano sobre animais en perigo de extinción. Varios nenos e nenas de quinto e sexto encargáronse de falarnos deses libros.

Tamén fixemos entrega do premio do concurso de logos que foi para Lucía de 4º B. Noraboa Lucía!

A continuación fixemos entrega dos diplomas ás portas gañadoras nas diferentes categorías e por último entregamos as mochilas viaxeiras para que xa comecen a súa andaina as vosas casas . A continuación fotos e vídeos da celebración.

 
 
 
 
 
 
 


 

 

     


 

 

 

 

 

VOLTAMOS!!!

VOLTAMOS AO TRABALLO!!!

REUNIÓNS, COLOCACIÓN DE AULAS, PROGRAMACIÓNS.... PREPARAMOS TODO PARA RECIBIR EN BREVE AOS NOSOS NENOS!!!

DESDE O DÍA 1 ATA O DÍA 8 HORARIO DE SECRETARÍA DE 10:00 A 13:00 HORAS.

LISTAXE DEFINITIVA DE AXUDA DE LIBROS E MATERIAL 2023-2024

Informamos que xa foi PUBLICADA A LISTAXE DEFINITIVA de Axudas do FondoLibros.

 

Pode consultarse coa CHAVE 365 ou ben na Xefatura de Estudos ata o 12 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas.

 

A recollida de vales no centro farase ata o 12 de xullo de 10:00 a 13:00 horas.

IMPRESOS SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023-2024

IMPRESOS SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023-2024.

 

Adxuntos no apartado de Secretaría (Autodeclaración e información comedor escolar).

 

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 12 de xullo.

 

Pódense presentar: 

- a través do correo eletrónico do centro (ceip.seixalbo@edu.xunta.gal)

- de xeito presencial na secretaría do centro (en horario de 10:00 a 13:00 horas)

- no buzón exterior do centro.

Powered by Drupal - Design by artinet