"O CAZO DE LORENZO" Contacontos no día internacional do Síndrome de Down

O luns 21 de marzo celébrase o Día Internacional do Síndrome de Down e na BIBLIOTECA PÚBLICA DE OURENSE, teñen un acto organizado pola asociación Down Ourense, un contacontos para nenos e nenas de 6 a 12 anos "O cazo de Lorenzo" aberto a todo o mundo.

Será o propio día 21 ás 18:00h.

As prazas son limitadas polo que podedes facer a inscrición nos teléfonos 988 788385/386.

Non volo perdades!!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Hoxe a nosa biblioteca acolleu ás familias que pode que nun futuro sexan parte da nosa comunidade educativa. Celebramos unha xornada de portas abertas e para recibilas a biblioteca pareceunos o mellor  dos lugares. Alí lles expliacamos as nosas liñas prioritarias, proxectos, organización etc e Leo, a nosa mascota, presente tamén, agasallou a cada neno cun simpático nariz de diferentes cores. Grazas familias por vir a coñecernos!

 


 
 
 

 

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DESDE O 1 AO 20 DE MARZO

 

Información sobre vacantes, proceso de admisión, impresos e documentación a entregar, dispoñible nos ficheiros adxuntos.

INFORMACIÓN SOBRE SOLICITUDES DE RESERVA PARA O CURSO 2022-2023

 

Comunicamos que foi admitido todo o alumnado que fixo reserva procedente das Escolas de Educación Infantil adscritas ao centro.

 

A listaxe está publicada no taboleiro de anuncios do interior do centro.

 

Visita de Papá Noel

Un ano máis Papá Noel non deixou de acudir a súa cita co cole de Seixalbo e visitou ao alumnado de todos os cursos co que charlou animadamente. No seguinte vídeo podedes ver eses momentos.

Recomendacións de lectura Nadal 2021-22

Dende o Equipo de Biblioteca e contando co criterio dos titores queremos compartir un ano máis con vós unhas recomendacións de lectura adaptadas ás diferentes idades do alumnado; nestas datas especiais  de dar agasallos pódenvos ser de utilidade. Non deixedes de darlles a oportunidade aos vosos fillos de agasallalos cunha boa lectura! Aproveitamos para desexarvos que pasedes unhas moi felices festas e que o Ano Novo 2022 chegue cheo de saúde e moita felicidade. Vémonos á volta!

 

CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA

No portal educativo www.edu.xunta.gal está publicada a orde pla que se regulan os criterios e procedementos de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria.

Segundo dita orde: 

- NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022, xa que acceden automaticamente ao préstamo de máscaras.

- SI TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022, pero que cumpra algunha das seguintes condicións:

      -  Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.

      -  Alumnado matriculado en educación especial.

      -  Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

      -  Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Os interesados presentarán , de FORMA PRESENCIAL, no centro educativo os Anexos I e II cubertos (ver arquivos adxuntos) Aqueles que non lles sexa posible imprimir os Anexos, poderán solicitar unha copia en conserxería.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 15 ao 26 de Novembro de 2021.

 

IMPORTANTE: todo aquel alumnado que tivo concedido o vale de material ao inicio de curso, non ten que solicitalo porque xa lle corresponden automaticamente.

 

En canto recibamos información sobre o procedemento de distribución e número de máscaras por alumno/a serán debidamente informados.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

APERTURA DO PROCESO E CONSTITUCIÓN DA MESA ELECTORAL

CALENDARIO PARA AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Día da Biblioteca

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas escolares. Para conmemoralo reunímonos por aulas no patio e Antón e Kiara, dous alumnos de sexto, deron lectura a un manifesto que falaba do importantes que son as bibliotecas e das aventuras que podemos vivir cada vez que entramos nunha delas. A continuación cada unha das aulas amosou a felicitación e leu as palabras adicadas á biblioteca nas que se felicitaba ou se lle daba as grazas por estar de volta despois de estar pechada durante o curso pasado. Neste vídeo podedes ver un resumo da actividade.

Powered by Drupal - Design by artinet